As certificacións son avaliacións oficiais deseñadas para recoñecer e validar habilidades e coñecementos que xa posúes. Non inclúen cursos de formación ou preparación, son exames que certifican o teu nivel de competencia nunha área específica no momento en que se realizan.
A certificación Cisco Certified Support Technician (CCST) Cybersecurity valida as habilidades e coñecementos dun candidato sobre conceptos e temas de ciberseguridade de nivel básico, incluídos os principios de seguridade, conceptos de seguridade de rede e seguridade de punto final, avaliación de vulnerabilidades e xestión de riscos, e xestión de incidentes.
A certificación Cisco Certified Support Technician (CCST) Cybersecurity é tamén un primeiro paso cara á certificación CyberOps Associate.
Os obxectivos do exame de certificación en Ciberseguridade, coa certificación oficial Cisco Certified Support Technician Cybersecurity, (CCST- Cybersecurity) avala a asimilación dos coñecementos e o desempeño no conxunto de habilidades e competencias básicas requiridas aos profesionais deste ámbito, como técnicos e analistas de ciberseguridade.
Obxectivos do exame: https://www.cisco.com/c/en/us/training-events/training-certifications/exams/current-list/ccst-cybersecurity-exam.html
Recibe as últimas novidades sobre cursos, certificacións, empresas, webinars e moita máis información de Talentia Summit.
Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n
15707, Santiago de Compostela
981 543 060
info@talentiasummit.com
empresas@talentiasummit.com