Somos unha empresa industrial dedicada á transformación da madeira, sendo un referente na fabricación de produtos derivados deste material, así como na tecnoloxía empregada nos nosos procesos. A nosa experiencia e compromiso permitíronnos consolidarnos no sector, ofrecendo solucións de alta calidade.
Contamos cunha sólida estrutura que conecta toda a cadea de valor. Esta rede compónse de seis plantas produtivas e dezaseis delegacións comerciais en once países, o que nos permite estar cerca dos nosos clientes e adaptarnos ás súas necesidades específicas. Ademais, operamos varias plataformas loxísticas en Europa, garantindo unha distribución eficiente e oportuna dos nosos produtos.
Sen duda, o máis valioso para FINSA son as máis de 3.300 persoas que forman parte do noso equipo. A súa dedicación e talento son o motor que impulsa a nosa empresa, o que nos permite seguir innovando e mellorando en cada etapa do noso proceso produtivo. Xuntos, seguimos construíndo un futuro sólido na industria da madeira.
Recibe as últimas noticias sobre cursos, certificacións, empresas, seminarios web e moita máis información de Talentia Summit 2024.