O noso ADN: Desenvolvemento tecnolóxico, Fabricación de vangarda e Paixón pola calidade.
Televés é moito máis que unha marca líder na recepción e distribución de sinais de televisión. É o núcleo dun gran grupo de compañías que controla varios nichos do sector das TIC. Televés Corporación agrupa a máis de 20 compañías, todas as cales traballan perseguindo o obxectivo común de deseñar e fabricar os mellores equipos destinados a dotar ás vivendas, edificios e cidades dunhas óptimas infraestruturas de telecomunicacións.
Conta con 11 filiais internacionais, destacando os seus servizos de:
– Transmisión, distribución e medida de sinais de televisión.
– Instalación de redes de fibra óptica para servizos avanzados en Hospitality.
– Solucións avanzadas en iluminación LED profesional.
– Fabricación electrónica e PCBs.
– Consultoría informática e software.
– Simulacións en deseño electrónico para circuítos de radiofrecuencia e microondas.
Con preto de 65 anos de experiencia, Televés lanzou máis de 1.500 produtos diferentes, un logro que se explica desde unha auténtica paixón pola fabricación. A compañía produce en instalacións propias para garantir a máxima calidade. Está a ser pioneira na posta en marcha de liñas de fabricación 4.0 e dispón dos seus propios laboratorios de certificación e control de calidade. Os produtos da marca ostentan con orgullo o selo European Technology Made in Europe.