Mentoring persoalcon Alberto Ferreiro

Alberto Ferreiro

Decubre máis sobre min

Mentor en Reimpulse Mentoring

Mentor de empresarios, conferenciante e formador de emprendedores con máis de 15 anos de experiencia no mundo dos negocios de “carne e óso”Durante todos estes anos de moita proba-erro pasei por todas as fases desde o emprendemento na miña pequena empresa (como o son as máis do 95% de sociedades do noso país) ata lograr introducir e consolidar -despois dun longo e intenso proceso de forma autodidacta- un modelo de xestión coñecido como “Empresa liberada ou sen xefes” que hoxe en día aínda está moi pouco implantado no noso país.Todo esta experiencia e recursos baseados en técnicas de desenvolvemento de intelixencia emocional e ferramentas basicas de xestión do tempo póñoas hoxe en día ao servizo de autónomos e empresarios para que poidan saír da escravitude na que habitualmente se converten os seus negocios -máis da metade das sociedades do noso país están constituídas por un só autónomo- e que á vez poidan obter uns bos resultados económicos.

Reserva a túa cita

Loading...