Traballo principalmente como Executiva por Proxectos ou Interim Manager. Non, non é un consultor. O que fago é traballar en equipo con persoas, planificar, xestionar recursos, coordinar e executar accións na empresa cliente para conseguir o obxectivo que acordásemos. Noutras ocasións tamén traballo como asesora, formadora, auditora e mentora.
Ti e eu temos algo en común, escollemos o camiño retador de dirixir unha empresa e ambos buscamos os mellores provedores e colaboradores que fagan crecer o noso negocio. É por iso que entendo perfectamente o complicado que resulta atopar a persoa adecuada.