Xerocultoras_es
COGAMI

Xerocultoras_es

UBICACIÓN OFERTA

Provincia de A Coruña e Pontevedra

DATA DE PUBLICACIÓN

2024-10-29

ESTUDOS MÍNIMOS REQUIRIDOS

Ciclo medio FP

EXPERIENCIA MÍNIMA

1 año

HAI POSIBILIDADE DE TELETRABALLO?

Presencial

Xerocultoras_es
Xerocultoras_es

COGAMI selecciona persoal Xerocultor para dar cobertura á súa rede de centros de día da provincia de A Coruña e Pontecedra.

A súa misión será atender ás persoas usuarias na súa vida diaria: apoiar en levantamentos, acompañamentos, traslados, administración de medicación, realización de obradoiros e actividades, tarefas de limpeza e todas aquelas tarefas que poidan garantir o benestar integral das persoas usuarias.

Funcións:

  • Realizar actividades auxiliares de psicomotricidade, linguaxe, dinámicas e rehabilitación persoal e social.
  • Colaborar no seguimento ou na avaliación do proceso recuperador ou asistencial das persoas usuarias.
  • Participar nas áreas de lecer e tempo libre das persoas usuarias do centro e colaborar nas materias da súa competencia nos programas que se realicen de formación e información a as familias dos usuarios e ás institucións.

En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e que teñan relación co anterior.

Requisitos:

  • Titulación de Xerocultor
  • Certificado Profesional en Atención Sociosanitaria en Institucións ou en Domicilio
  • Técnico Atención a Persoas en Situación de Dependencia
  • Auxiliar de Enfermería

Valórase especialmente estar en posesión do certificado de discapacidade igual o superior ao 33% ou en situación de Incapacidade Permanente Total (IPT).

Apostamos pola igualdade nos postos de traballo e gustaríanos contribuír ao talento femenino. Se es unha persoa con iniciativa, gústache traballar en equipo e compartes o noso espírito de valor social, estamos á túa espera!

Vacantes: 2
Estás aplicando a

Xerocultoras_es

COGAMI

Non te quedes sen praza!
Subscríbete a Talentia Summit

Recibe as últimas novidades sobre cursos, certificacións, empresas, webinars e moita máis información de Talentia Summit.

Responsable do tratamento: Concello de Santiago.
Finalidade: Informar das novedades de Talentia Summit
Dereitos: Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, así como outros que detallamos na información adicional sobre protección de datos.
Pode darse de baixa en calquera momento facendo clic na ligazón que aparece no pé de páxina dos nosos correos electrónicos. Para máis información sobre as nosas prácticas de privacidade, visite o noso sitio web.