COGAMI selecciona a PERSONAL DE CONDUCCIÓN para as rutas de autobús que realiza pola zona de BAIONA para achegar ás persoas usuarias aos distintos centros de día da zona.
As persoas seleccionadas encargaranse de:
- Conducir o vehículo pola ruta previamente establecida segundo tempos e paradas marcadas, respectando as normas de seguridade vial e prevención de riscos laborais.
- Subir, anclar e baixar do vehículo ás persoas usuarias en cadeira de rodas.
- Tarefas de acompañamento ás persoas usuarias de forma ocasional.
- Limpar e revisar diariamente o estado do vehículo, comprobar que se dispón de toda a documentación preceptiva, follas de mantemento, partes de traballo, follas de reclamacións, botiquín completo e extintor revisado.
- Facer un uso correcto do tacógrafo diariamente e cubrir correctamente os partes de traballo e libros de ruta.
IMPRESCINDIBLE: Dispor de carné D + CAP e tarxeta de tacógrafo vixente.
Valórase especialmente estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% ou en situación de Incapacidade Permanente Total (IPT).
Apostamos pola igualdade nos postos de traballo e gustaríanos contribuír ao talento feminino. Se es unha persoa con iniciativa, gústache traballar en equipo e compartes o noso espírito de valor social, estamos á túa espera!