Dende COGAMI seleccionamos unha/un FISIOTERAPEUTA para traballar no centro de día que forman parte da rede de COGAMI en Ferrol.
As principais funcións:
- Impartir obradoiros grupais de xerontoximnasia a persoas adultas con algún tipo de dependencia (física ou psíquica)
- Programa de marcha
- Impartir obradoiros de psicomotricidade e rehabilitación funcional
- Supervisión de sala para prevención de caídas
- Valoración física das persoas usuarias de novo ingreso ou con empeoramento do estado de saúde
- Revisión do plan de atención individual das persoas usuarias do centro no referente aos obxectivos físicos
Requisitos:
- Diplomatura ou Grao en Fisioterapia
- Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% ou dunha Incapacidade Permanente Total (IPT)
Apostamos pola igualdade nos postos de traballo e gustaríanos contribuír ao talento feminino. Se es unha persoa con iniciativa, gústache traballar en equipo e compartes o noso espírito de valor social, estamos á túa espera!