Ferramentas colaborativas entorno Microsoft 365
Obxectivos
•Dar a coñecer as principais ferramentas colaborativas do entorno de Microsoft 365.
•Aprender a utilizar Teams, OneDrive, Outlook, To do, Power Point, Loops,…para a xestión de proxectos e traballo en equipo.
•Fomentar a produtividade e a comunicación efectiva nas contornas dixitais.
Descricion do curso
SESIÓN 1 – Panorama xeral e exploración inicial (3h) Obxectivo: Presentar o ecosistema Microsoft 365 e contextualizar as ferramentas colaborativas.
• Introdución a Microsoft 365: visión xeral e beneficios no entorno laboral actual.
• Diferencias entre versións persoais, educativas e empresariais.
• Acceso ao portal e configuración inicial da conta.
• Navegación básica e exploración das principais aplicacións.
• Actividade práctica: recoñecemento e acceso ás ferramentas clave.
SESIÓN 2 – Comunicación e organización persoal con Outlook e To Do (3h) Obxectivo: Mellorar a xestión do tempo e das tarefas mediante Outlook e To Do.
• Correo electrónico: organización, regras, categorías e busca avanzada.
• Calendario: eventos, reunións e recordatorios.
• Contactos e tarefas integradas.
• Microsoft To Do: listas, prioridades, sincronización con Outlook.
• Actividade práctica: crear un plan semanal con tarefas e eventos.
SESIÓN 3 – Colaboración en tempo real con Teams e Loop (3h) Obxectivo: Fomentar o traballo en equipo e a creación dinámica de contido.
• Teams: creación de equipos, canles, chats e videoconferencias.
• Compartición de arquivos e integración con outras apps.
• Microsoft Loop: compoñentes dinámicos, páxinas e espazos colaborativos.
• Casos de uso de Loop en proxectos grupais.
• Actividade práctica: deseñar un espazo Loop para un proxecto.
SESIÓN 4 – Almacenamento e compartición con OneDrive (3h)
Obxectivo: Dominar o uso da nube para traballar con seguridade e eficiencia.
• Subida, organización e sincronización de arquivos.
• Compartición con control de permisos.
• Recuperación de versións anteriores e acceso desde distintos dispositivos.
• Actividade práctica: xestión de documentos compartidos en grupo.
SESIÓN 5 – Procesamento de texto e follas de cálculo: Word e Excel online (3h)
Obxectivo: Utilizar Word e Excel online para traballo colaborativo e produtivo.
• Word online: edición colaborativa, estilos, comentarios e revisión.
• Excel online: fórmulas básicas, táboas e filtros.
• Uso de modelos e boas prácticas.
• Actividade práctica: creación dun documento e folla de cálculo compartida.
SESIÓN 6 – Presentacións visuais con PowerPoint e Sway (3h) – Obxectivo: Comunicar ideas de forma visual e efectiva.
• PowerPoint online: deseño de presentacións colaborativas.
• Microsoft Sway: creación de contido interactivo e narrativo.
• Comparativa entre PowerPoint e Sway.
• Actividade práctica: deseñar unha presentación en ambos formatos.
SESIÓN 7 – Boas prácticas, seguridade e resolución de dúbidas (2h)
Obxectivo: Consolidar coñecementos e fomentar o uso responsable das ferramentas.
• Xestión de contrasinais e autenticación segura.
• Protección de datos e privacidade.
• Boas prácticas na comunicación e colaboración dixital.
• Resolución de dúbidas e repaso xeral.
• Avaliación final mediante dinámica participativa.
Inscricion
Feira finalizada
As inscricións remataron
Informacion do curso
20 horas
Días 11, 16, 18, 23 e 30 de decembro, 8 e 13 de xaneiro, en horario de 09.00 a 11.00 h.
-