Prepárate para o futuro: Esperta o teu potencial: claves para prosperar na nova era laboral – Talentia Summit 2025
Volver a cursos

Prepárate para o futuro: Esperta o teu potencial: claves para prosperar na nova era laboral

Prepárate para o futuro: Esperta o teu potencial: claves para prosperar na nova era laboral

Obxectivos

• Axudarche a construír unha carreira con propósito, mesturando tecnoloxía, autoconocimiento e adaptar as túas habilidades innatas ás necesidades do mercado.
• Descubrir os teus talentos naturais e o teu propósito profesional.
• Identificar e adestrar as competencias clave do futuro laboral.
• Deseñar unha marca persoal auténtica e coherente.
• Incorporar ferramentas dixitais para traballar mellor e con menos #estrés.
• Crear un plan de desenvolvemento profesional a 5 anos con visión e foco.

Descricion do curso

Módulo 1. Coñécete: propósito e talento profesional
Tema: Todo empeza por saber quen es e que podes achegar.
Contidos:
•Autocoñecemento e valores persoais.
•Propósito e motivación profesional.
•Talentos naturais e fortalezas ocultas.
Dinámicas:
•Test de talentos e mapa de propósito.
•Exercicio IKIGAI.
• Dinámica grupal: “O que os demais ven en min”.
Resultado: Claridade sobre o teu propósito profesional e as túas fortalezas únicas.
Módulo 2. Soft skills do futuro
Tema: Desenvolve as competencias que a tecnoloxía non pode substituír.
Contidos:
•Intelixencia emocional e autogestión.
•Adaptabilidade, pensamento crítico e creatividade.
•Traballo en equipo, comunicación e liderado colaborativo.
Dinámicas:
•Retos por equipos.
•Dinámica de resolución de problemas reais.
•Role-playing de comunicación efectiva.
Resultado: Desenvolvemento das habilidades humanas máis valoradas polas empresas.
Módulo 3. Crea a túa marca persoal
Tema: Como destacar sen aparentar.
Contidos:
•Marca persoal: identidade, valores e propósito.
•Como construír presenza dixital (LinkedIn, Instagram).
•Storytelling persoal e networking auténtico.
Dinámicas:
•Creación de perfil profesional.
•Exercicio de storytelling persoal (en vídeo ou escrito).
•Simulación de entrevista e networking con feedback.
Resultado: Perfil profesional e dixital coherente e atractivo.
Módulo 4. Intelixencia dixital e produtividade
Tema: Traballa mellor, non máis.
Contidos:
• Ferramentas dixitais de produtividade.
• Introdución práctica á IA xenerativa.
• Organización, foco e xestión do tempo dixital.
Dinámicas:
•Taller de ferramentas (ChatGPT, Notion, Canva…).
•Reto “A miña semana produtiva”.
•Dinámica “desintoxicación dixital consciente”.
Resultado: Dominio de ferramentas dixitais que aumentan a túa liberdade e eficiencia.
Módulo 5. Plan de carreira a 5 anos
Tema: Deseña o teu propio camiño e avanza con propósito.
Contidos:
•Como establecer obxectivos persoais e profesionais.
•Plan de acción e estratexias de aprendizaxe continua.
•Hábitos para manter a motivación e o equilibrio.
Dinámicas:
•Taller de visualización e deseño de obxectivos.
•Plan de carreira individual.
•Círculo final de compromiso e presentación de plans.
Resultado: Plan de desenvolvemento persoal e profesional claro e motivador.

Inscricion

Feira finalizada

As inscricións remataron

Informacion do curso

Duracion

16 horas

Data de inicio

Días 10, 12, 16 e 17 de decembro en horario de 10.00 a 14.00 h.

Codigo

-