Axenda a tua cita
Reúnete con Lara Ríos (Xestora de Persoas e Talento)
Sobre a empresa
ABANCA
ABANCA é un banco con vocación ibérica que aposta por unha forma diferencial de facer banca baseada no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes.
Somos un equipo de máis de 8.000 persoas enfocadas en satisfacer as necesidades financeiras e de aseguramento de familias e empresas.
A nosa proposta diferencial combina a atención persoal, a través dunha rede de arredor de 900 oficinas distribuídas por España, Portugal e outros 9 países, coa operativa mediante canles dixitais e a distancia.
A especialización, a internacionalización e a sustentabilidade son outras sinais de identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España.
Actualmente estamos en busca de perfís para a nosa Rede Comercial. Ademais, ofrecemos bolsas e prácticas en Servizos Centrais para mozas e mozos que queiran iniciar a súa carreira en áreas estratéxicas do banco.
Ofertas de emprego
ABANCA
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
