Aceesca
Asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual
Axenda a tua cita
Reúnete con María José Santos Comesaña (Directora da Área de Infancia e Xuventude de Aceesca)
Sobre a empresa
Aceesca
Aceesca é unha asociación sen ánimo de lucro, de utilidade pública, creada en 1983 no Porriño, que dá apoio a persoas con diversidade intelectual en todas as etapas da vida. Aceesca acompaña durante a infancia e a adolescencia en unidades de atención temperá e nun centro de educación especial e, durante a etapa adulta, nun centro ocupacional e nun centro de día. Tamén desde Lume, a área de Aceesca encargada da formación para o emprego e dun centro especial de emprego.
O noso propósito é impulsar oportunidades para que cada persoa con discapacidade intelectual sexa protagonista da súa vida. Traballamos desde a dignidade, o respecto, a proximidade, a cooperación e cun chisco de chispa, coa misión de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, das súas familias e do seu entorno, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía e autodeterminación.
Actualmente máis de 130 persoas traballadoras, nun equipo transdisciplinar, traballamos xuntas para conseguilo.
Ofertas de emprego
Aceesca
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
