Volver a empresas
Empresa Participante

ALTIA

Consultora tecnolóxica

Empresa Participante

Axenda a tua cita

Reúnete con Carla Boedo López (IT Recruiter)

15-30 min
Online
Loading...

Sobre a empresa

ALTIA

En ALTIA levamos máis de 30 anos creando solucións dixitais preparadas para o futuro, aplicando a nosa visión innovadora para acompañar os nosos clientes na súa reinvención. Unha dixitalización fiable, clara, que cree valor real e provoque cambios significativos. Somos un equipo internacional de grandes profesionais que, desde 1994, sumamos a nosa enerxía e aplicamos a nosa visión innovadora da tecnoloxía a proxectos relevantes para organizacións que son motores do cambio.

Creamos solucións a medida comprometidas co crecemento real en todo o mundo, integrando produtos dos principais fabricantes do sector e fomentando a innovación e a renovación tecnolóxica. Con máis de 4.000 profesionais, presenza en 10 países, máis de 30 localizacións e 4 data centers, consolidámonos como un aliado tecnolóxico de confianza para organizacións que actúan como motores do cambio.

Buscamos perfís profesionais vinculados ao ámbito tecnolóxico: desenvolvemento de software, enxeñaría de datos, ciberseguridade, consultoría, cloud, infraestruturas, analítica e outras especialidades clave para a transformación dixital. Valoramos especialmente a curiosidade, a capacidade de aprendizaxe continua e a motivación por asumir retos con impacto real.

A nosa cultura baséase en valores sólidos: honestidade para construír relacións de confianza; as persoas como motor do crecemento; sustentabilidade para asegurar un desenvolvemento a longo prazo; colaboración para avanzar xunto a clientes e equipos; e audacia para innovar e atrevernos a ir máis alá. Estes principios guían a nosa forma de traballar e definen o tipo de talento que queremos atraer e desenvolver.

Video corporativo