Bahía Software
Consultoría tecnolóxica
Axenda a tua cita
Reúnete con Natalia López Sande (Técnico en selección)
Sobre a empresa
Bahía Software
Somos unha empresa galega de consultoría tecnolóxica especializada no desenvolvemento de software. Nacemos hai case 27 anos e desde entón apostamos decididamente pola innovación tecnolóxica e pola calidade do software para lograr a máxima satisfacción dos nosos clientes.
Os sectores que abordamos son a sanidade, a administración pública, a banca ou a industria, desenvolvendo tanto sistemas de información corporativos como solucións de business intelligence, mobilidade, interoperabilidade entre sistemas, sinatura electrónica, identificación e trazabilidade, e cloud computing.
Actualmente somos un persoal de aproximadamente 290 persoas repartidas por todo o territorio nacional e buscamos diferentes perfís tecnolóxicos: desde especialistas en desenvolvemento de software ata persoas especializadas en soporte, consultoría, xestión de proxectos e de persoas, analítica de datos, etc.
O noso obxectivo é seguir evolucionando e, para iso, necesitamos contar con grandes perfís profesionais que nos axuden a medrar e a sacar adiante todos os nosos proxectos de maneira eficiente.
Gústanos traballar en equipo e, por iso, é un dos nosos principais valores.
Apostamos por:
A flexibilidade, tanto nos horarios como na opción de teletraballo.
A formación como ferramenta de mellora.
O desenvolvemento profesional dentro dos equipos.
A promoción interna.
Ofertas de emprego
Bahía Software
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
