CARREFOUR
Multinacional Gran Consumo
Axenda a tua cita
Reúnete con MARTA RODRIGUEZ MARTINEZ (Responsable de RRHH Santiago - Coristanco)
Sobre a empresa
CARREFOUR
Carrefour ten a ambición de liderar a “transición alimentaria” para dar resposta ás novas demandas dun consumidor que quere produtos máis sans e unha alimentación de maior calidade, sostible e respectuosa co medio ambiente. E sempre a prezos accesibles.
A nosa proposta comercial multimarcas permite aos clientes elixir entre un amplo surtido de marcas internacionais, nacionais, rexionais e locais.
En España contamos con máis de 1.000 tendas (hipermercados e supermercados), máis de 140 estacións de servizo, 700 axencias de viaxes e o noso portal de comercio electrónico www.carrefour.es. Cun cadro de persoal de máis de 40.000 persoas.
Os nosos compromisos na xestión do talento:
Emprego sostible.
Formación continua dos nosos colaboradores.
Desenvolvemento profesional e promoción interna.
Compromisos coa sociedade:
Política promocional que contribúe ao aforro dos nosos clientes.
Dinamizador da economía local ao apoiar os produtos e as empresas das rexións onde estamos presentes.
Traballamos na redución do impacto ambiental.
A protección da biodiversidade.
A loita contra calquera forma de malgaste.
Desde hai máis de 20 anos, contamos coa Fundación Solidariedade Carrefour, que coordina programas a favor de persoas en situación de vulnerabilidade.
Carrefour ¡Todos merecemos o mellor!
Ofertas de emprego
CARREFOUR
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
