Volver a empresas
Empresa Participante

IFFE Business School

Escola de negocios

Empresa Participante

Axenda a tua cita

Reúnete con Pablo Galarraga (Departamento Comercial e Márketing)

15-30 min
Online
Loading...

Sobre a empresa

IFFE Business School

IFFE Business School é unha escola de negocios con sede na Coruña especializada en formación de posgrao e desenvolvemento profesional en áreas como Intelixencia Artificial, Big Data, Márketing Dixital, Recursos Humanos, Finanzas, Fiscalidade, Comercio Internacional, Dirección de Proxectos e Xestión Empresarial en sectores como o sanitario e a biotecnoloxía. Traballamos estreitamente con empresas e profesionais para ofrecer unha formación práctica, actualizada e aliñada coas necesidades reais do mercado laboral, impulsando a empregabilidade e o crecemento profesional.

Participamos en Talentia Summit ’25 porque é un punto de encontro estratéxico con perfís dinámicos, con capacidade de aprendizaxe e motivación para medrar en contornos relacionados coa formación, a xestión académica, o desenvolvemento do talento e o impulso comercial. Buscamos persoas proactivas, con habilidades de comunicación, organización e traballo en equipo, que queiran formar parte dun proxecto educativo en expansión e en constante evolución, especialmente en áreas vinculadas á tecnoloxía e á xestión empresarial.

A cultura de IFFE baséase na proximidade, na colaboración e na orientación ao impacto. Ofrecemos un entorno de traballo dinámico, flexible e cheo de oportunidades para aprender, achegar ideas e asumir novas responsabilidades. O noso obxectivo é atraer profesionais que compartan os nosos valores e que queiran desenvolverse dentro dunha organización innovadora, conectada coa empresa e comprometida coa transformación do talento.

Informacion de contacto

Redes sociais

Video corporativo