Axenda a tua cita
Reúnete con Jorge Meléndez (Talento)
Sobre a empresa
IMATIA
Imatia é unha empresa galega especializada no desenvolvemento de software a medida e na creación de solucións tecnolóxicas que fan máis doado e eficiente o día a día de empresas e administracións. Traballamos con proxectos moi variados, sempre cun enfoque innovador e práctico.
Buscamos talento con ganas de medrar: profesionais de desenvolvemento (frontend, backend ou full-stack), data analytics, IA ou data science. Se che apaixoa a tecnoloxía, aprender cousas novas e traballar en equipo, Imatia é o lugar axeitado.
A nosa cultura é próxima, flexible e moi orientada ás persoas. Apostamos pola innovación, as metodoloxías áxiles e o desenvolvemento profesional continuo. Aquí terás a oportunidade de aprender, achegar e formar parte de proxectos que realmente teñen impacto.
