Axenda a tua cita
Reúnete con Susana Mantiñán (Responsable de Persoas e Cultura)
Sobre a empresa
INFORHOUSE
Inforhouse é unha consultora tecnolóxica galega con máis de 35 anos que desenvolve solucións globais TIC na área de infraestrutura e software.
Cremos que a nosa maior fortuna é o equipo que formamos. Por iso, cultivamos unha cultura de traballo baseada no compañeirismo, a confianza e a estabilidade, onde cada persoa é esencial para o éxito do noso proxecto común. Fomentamos un entorno próximo e cun bo ambiente, porque estamos convencidos de que é a mellor maneira de medrar xuntos.
Buscamos profesionais curiosos e con ganas de aprender, que compartan a nosa paixón pola tecnoloxía e o noso compromiso co traballo ben feito. Máis aló das competencias técnicas, valoramos especialmente a capacidade de traballar en equipo, a actitude proactiva e a adaptabilidade nun sector en constante evolución, para o departamento técnico, comercial e administrativo. En Inforhouse non só buscamos empregados, senón compañeiros de viaxe.
Ofertas de emprego
INFORHOUSE
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
