Axenda a tua cita
Reúnete con Aida Amoedo (Recruitment specialist)
Sobre a empresa
TELEVES CORPORATION
Televés Corporación agrupa máis de 20 compañías, todas elas traballando co obxectivo común de deseñar e fabricar os mellores equipos destinados a dotar as vivendas, edificios e cidades de óptimas infraestruturas de telecomunicacións.
Conta con 11 filiais internacionais, destacando os seus servizos de:
Transmisión, distribución e medida de sinais de televisión.
Instalación de redes de fibra óptica para servizos avanzados en hospitality.
Fabricación electrónica e PCBs.
Simulacións en deseño electrónico para circuítos de radiofrecuencia e microondas.
Con preto de 65 anos de experiencia, Televés lanzou máis de 1.500 produtos diferentes, un logro que se explica desde unha auténtica paixón pola fabricación. A compañía produce en instalacións propias para garantir a máxima calidade. Está a ser pioneira na posta en marcha de liñas de fabricación 4.0 e dispón dos seus propios laboratorios de certificación e control de calidade. Os produtos da marca ostentan con orgullo o selo European Technology Made in Europe.
