VIAQUA
Xestión do ciclo integral da auga
Axenda a tua cita
Reúnete con Alicia Royo (Dirección de Organización e Persoas)
Sobre a empresa
VIAQUA
Viaqua, parte do grupo Veolia, é unha empresa do sector do medio ambiente que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia (España). Cunha longa presenza en Galicia, 47 anos, coñecemos ben as particularidades da auga do noso territorio. Estamos presentes en 48 concellos das catro provincias e satisfacemos as necesidades de máis de 765.000 galegos.
Viaqua é unha empresa responsable que xestiona o ciclo integral da auga cun marcado carácter ambiental. A nosa materia prima é a auga, un recurso natural moi apreciado. Por iso, aplicamos condutas ambientalmente responsables e eficientes durante todo o proceso de produción da auga. Só sendo coherentes poderemos contribuír ao mantemento do equilibrio ecolóxico co medio natural e ao desenvolvemento sostible.
Ofertas de emprego
VIAQUA
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
