Comercial de Ruta_Santiago de Compostela
Descripcion del puesto
Comercial de Ruta_Santiago de Compostela
COGAMI precisa incorporar un/unha asesor/a comercial de ruta para Santiago de Compostela.
En dependencia directa da Xerencia, a misión do posto será contactar e visitar talleres para a compra de vehículos e pezas de automoción, negociando prezos e acordos para a súa posterior. Tamén ofrecerá soporte ás xestións administrativas propias do posto.
Funcións:
- Atención multicanle a clientes interesados en recambios de ocasión: localización, desmontaxe, facturación, cobro e entrega de pezas de automóbiles.
- Planificar e xestionar as rutas de talleres para a súa posterior visita.
- Realizar as visitas comerciais coas persoas responsables dos talleres para afianzar e promover a marca.
- Seguimento constante con clientes e talleres (por teléfono, WhatsApp e presencialmente) para a compra e venda de pezas e vehículos.
- Introducir nos sistemas de información da empresa toda a documentación xerada nos procesos de compra/venda, altas e baixas de vehículos, etc.
- Xestións administrativas para apoiar outros procesos internos da empresa (introdución de información en bases de datos, revisión de documentación técnica relacionada con calidade, PRL, etc.).
- Coñecemento e manexo do paquete Office e aplicacións informáticas.
Apostamos pola igualdade nos postos de traballo e gustaríanos contribuír ao talento feminino. Se es unha persoa con iniciativa, che gusta traballar en equipo e compartes o noso espírito de valor social, estamos á túa espera!
Requisitos:
- Residencia en Santiago ou arredores.
- Coñecemento e experiencia no sector automobilístico (compra/venda de vehículos e pezas).
- Experiencia en funcións comerciais.
- Coñecementos de xestión administrativa.
- Dispoñibilidade para desprazamentos.
- Carné de conducir.
- Valorarase positivamente ter experiencia previa en automoción.
- Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Requisitos
Estudios
ESO
Experiencia
1 año
Detalles del puesto
Ubicacion
Santiago de Compostela
vacantes
1 vacante
Publicada
26 de noviembre de 2025
Inscribirse
Inscribete a esta oferta de COGAMI y da el siguiente paso en tu carrera profesional.
Feria finalizada
Las inscripciones han terminado
Compartir
Comparte esta oferta con alguien que pueda estar interesado.