ASOCIACIÓN AMICOS
Persoas que apoian a persoas e o planeta
Axenda a tua cita
Reúnete con Rosa Agrelo García (Responsable de Captación de Talento)
Sobre a empresa
ASOCIACIÓN AMICOS
Amicos é unha asociación que presta apoio integral a persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise cerebral, dano cerebral e ás súas familias. Así mesmo, buscamos modificar o rol de contribución social destas persoas e convertelas en axentes activos que, a través da inclusión e da cidadanía compartida, poidan levar a cabo o seu plan de vida integral e contribuír ao coidado do planeta.
Buscamos profesionais dispostos a acompañarnos neste propósito, que é esixente, retador, ilusionante, reconfortante e enriquecedor. Necesitamos incorporar perfís relacionados coa área social (psicoloxía, pedagoxía, educación social, terapeuta ocupacional, integrador/a social...), coas áreas de xestión (técnicos de proxectos sociais, europeos, medioambientais...), coa área de captación de fondos (fundraising, captadores de rúa, activadores de alianzas...) e coa área de coidados (técnicos sociosanitarios).
Ofertas de emprego
ASOCIACIÓN AMICOS
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
