COGAMI precisa incorporar a TERAPEUTAS OCUPACIONAIS para a rede de Centros de Día que forman parte da organización. As persoas seleccionadas realizarán, entre outras as seguintes funcións:
- Participar no plan xeral de actividades do centro.
- Realizar actividades auxiliares de psicomotricidade, linguaxe, dinámicas e rehabilitación persoal e social aos residentes.
- Colaborar no seguemento ou a avaliación do proceso recuperador ou asistencial dos residentes do centro.
- Participar nas áreas de ocio e tempo libre da persoa usuaria do centro.
- Colaborar nas materias da súa competencia nos programas que se realicen de formación e información ás familias das persoas usuarias e as institucións.
- En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que se lle pidan e que teñan relación co anterior.
Requisitos: Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Diplomatura ou Grao en Terapia Ocupacional
Apostamos pola igualdade nos postos de traballo e gustaríanos contribuír ao talento feminino. Se es unha persoa con iniciativa, gústache traballar en equipo e compartes o noso espírito de valor social, estamos á túa espera!