O Foro Talentia Summit 2023, celebrado este venres 10 de novembro de 2023 no Auditorio do CGAC en Santiago de Compostela, foi un rotundo éxito. A edición deste ano, centrada en como a tecnoloxía e innovación, especialmente a intelixencia artificial (IA), están reconfigurando o panorama laboral, atraeu a numerosos asistentes, esgotándose os entradas días antes do evento. Ademais do seguimento por streaming.

Ainhoa Apestegui presentou o foro, que contou coa participación de expertos en diversas áreas relacionadas coa temáticas clave desta edición. Ademais, o evento foi amenizado musicalmente por Eladio y Los Seres Queridos, unha recoñecida banda de indie pop.

Entre os puntos destacados, María Rozas, Concelleira de Emprego de Santiago de Compostela, inaugurou o Foro subliñando a importancia das políticas de conciliación e igualdade para atraer e reter talento. Pablo Fernández, Secretario Xeral do Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, salientou a importancia de aprender dos erros e aproveitar os recursos dispoñibles para o emprendemento.

Foro talentia summit 2023 3 edited

Pedro Blanco, Delegado do Goberno en Galicia, destacou o papel revolucionario da IA e a necesidade de establecer un marco responsable e ético. Pola súa banda, Goretti Sanmartín, Alcaldesa de Santiago de Compostela, pechou as intervencións das autoridades, destacando a importancia do empoderamento feminino e o traballo de calidade na era da IA.

Os relatores do sector empresarial e académico ofreceron perspectivas valiosas sobre o futuro do traballo, a dixitalización, a conciliación laboral e o papel da IA na sociedade actual. Entre eles, destacaron as intervencións de Alex Rayón, Susana Pascual, Santiago Domínguez, Carmen Castro, Tino Fernández, Ignacio Ramos, Anna Cabó, Guillem Garcia Brustenga e Isabel Pernas.

Foro talentia summit 2023 6

Foro talentia summit 2023 4

Foro talentia summit 2023 19

O Foro Talentia Summit 2023 foi un espazo de reflexión e debate sobre como prepararnos para os desafíos e oportunidades que presenta a era da IA, destacando a importancia da adaptabilidade, a innovación e o talento humano neste proceso.

Vídeo completo do Foro Talentia Summit 2023