A edición 2023 de Talentia Summit acadou 45.714 participacións de 33.545 usuarios únicos en talentiasummit.com, converténdose na edición máis significativa ata o de agora.

As grandes cifras que deixa Talentia Summit ‘23

QJDqNi BYE X6nMI06sg75FCfyfYkWvRj6LTgw8CChoCw4mbSHV1 11O9UGouEt68tJaOKIKVjprLCXspkujGfKy4m qvxoNbTMNTBVbDhExUqTobVLfowzZS4r0FF8wiUc4tYR6z2jSL5ivnfeUxywP7eh LD IEOfkkNmjxSRuXf0S9iBWb9zUIS CEg

Unha gran feira con importantes empresas, centos de ofertas de emprego, miles de prazas gratuítas en cursos formación, certificacións oficiais, webinars e actividades complementarias; logrou conquistar o interese de moitos participantes máis alá de Galicia

2 Mockup Talentia summit 23 opt edited

???? O top 10 das cidades con máis seguimento do Talentia Summit 2023

Os participantes de Santiago de Compostela foron os anfitrións e líderes de participación con máis de 10.000 usuarios únicos, facendo que Santiago mantívose á cabeza unha edición máis, seguida por Madrid con máis de 6.000 e Vigo con 3.500 usuarios únicos.

Estas son as tres cidades que completaron o “podium”. Cifras significativas de participación tamén para as cidades da Coruña, Barcelona, Valencia, Pontevedra, Sevilla e Ourense.

El Foro Talentia Summit ’23, analizó el trabajo del futuro en la era de la IA

O Foro Talentia Summit 2023, celebrado este venres 10 de novembro de 2023 no Auditorio do CGAC en Santiago de Compostela, foi un rotundo éxito. A edición deste ano, centrada en como a tecnoloxía e innovación, especialmente a intelixencia artificial (IA), están reconfigurando o panorama laboral, atraeu a numerosos asistentes, esgotándose os entradas días antes do evento. Ademais do seguimento por streaming.

Mellores momentos do Foro Inaugural de Talentia Summit ’23 – Coñeces o traballo do futuro?

Vídeo resumo dos mellores momentos do Foro Inaugural de Talentia Summit ’23

Ainhoa Apestegui presentou o foro, que contou coa participación de expertos en diversas áreas relacionadas coa temáticas clave desta edición. Ademais, o evento foi amenizado musicalmente por Eladio y Los Seres Queridos, unha recoñecida banda de indie pop.

Os relatores do sector empresarial e académico ofreceron perspectivas valiosas sobre o futuro do traballo, a dixitalización, a conciliación laboral e o papel da IA na sociedade actual. Entre eles, destacaron as intervencións de Alex Rayón, Susana Pascual, Santiago Domínguez, Carmen Castro, Tino Fernández, Ignacio Ramos, Anna Cabó, Guillem Garcia Brustenga e Isabel Pernas.

Foro Talentia Summit 2023 15 edited


Entre os puntos destacados, María Rozas, Concelleira de Emprego de Santiago de Compostela, inaugurou o Foro subliñando a importancia das políticas de conciliación e igualdade para atraer e reter talento. Pablo Fernández, Secretario Xeral do Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, salientou a importancia de aprender dos erros e aproveitar os recursos dispoñibles para o emprendemento.

Pedro Blanco, Delegado do Goberno en Galicia, destacou o papel revolucionario da IA e a necesidade de establecer un marco responsable e ético. Pola súa banda, Goretti Sanmartín, Alcaldesa de Santiago de Compostela, pechou as intervencións das autoridades, destacando a importancia do empoderamento feminino e o traballo de calidade na era da IA.