Talentia Summit ‘25 abre a súa nova edición cun foro adicado á IA e á Xeración Z este xoves 4 no Palacio de Congresos

Compartir

O Concello de Santiago de Compostela anuncia o lanzamento do Foro Talentia 2025, o evento inaugural que dará comezo a unha nova edición de Talentia Summit, a feira de emprego, formación e innovación que se consolidou como unha das máis importantes do Estado, con máis de 60.000 participantes nas súas edicións anteriores.

Este foro inaugural ten como obxectivo a Intelixencia Artificial e a Xeración Z, dúas forzas que xa están transformando o mercado laboral, as organizacións e a maneira de entender o futuro profesional.

A entrada será de balde, mais con aforo limitado, polo que é necesaria inscrición previa a través da web talentiasummit.com

O foro celebrarase o xoves 4 de decembro ás 18:00 horas no Palacio de Congresos de Galicia, iniciando unha semana dedicada ao futuro do traballo, á intelixencia artificial e ás novas xeracións profesionais.

Entre o 9 e o 11 de decembro, Talentia continuará coa súa gran feira virtual de emprego, que contará con compañías líderes, cursos de formación, certificacións oficiais, mentoring, workshops e máis de cen empresas implicadas, segundo o descrito na axenda oficial do evento

Un foro para comprender o futuro inmediato do talento

O Foro Talentia 2025 abordará os cambios que a IA e as novas xeracións están a introducir nas empresas, nos perfís profesionais e nos modelos de traballo. Analizaranse cuestións clave como:

  • as habilidades que marcarán os próximos anos,
  • o impacto real da IA nos empregos,
  • a relación da Xeración Z coas empresas, a aprendizaxe e o traballo,
  • e o novo paradigma de talento, creatividade e innovación.

Trátase dun espazo de diálogo aberto que reunirá voces expertas, líderes empresariais, perfís emerxentes e referentes do ecosistema tecnolóxico e creativo.

Un foro para comprender o futuro inmediato do talento

O foro contará cun cartel de persoas poñentes de primeiro nivel, referentes nos ámbitos da tecnoloxía, a IA, o talento, a música, a arquitectura e a comunicación dixital.

Isabel Dobarro

Concertista internacional de piano · Gañadora dun Latin Grammy® 2025

image

Esta recoñecida pianista Compostelana de recoñecemento internacional, é a flamante gañadora do Latin Grammy® ao Mellor Álbum Clásico do 2025 en Las Vegas. Ten actuado en auditorios de referencia nos Estados Unidos e en Europa, e o seu disco Kaleidoscope recibiu múltiples premios.

Ofrecerá ademais unha actuación en directo durante o evento.

Sebastián Brandt

Managing Director de Odoo España

Dirixe a expansión do software emrpesarial Odoo en España, e acompaña a empresas de todos os tamaños nos seus procesos de dixitalización mediante un SaaS modular e de código aberto con máis de 6.000 empregados no mundo.

María Soto Castro

Head of Innovation en Bravent · Microsoft AI MVP

Experta en innovación tecnolóxica, IA xerativa e axentes intelixentes aplicados a procesos empresariais.

Lara Neira

CEO e Cofundadora de Nigal · Doutora en Intelixencia Artificial

Investigadora e emprendedora galega de referencia na aplicación da IA a sectores rurais, industriais e sanitarios.

Sergio Lucas Ocaña

CEO e Fundador de Leeters

Especialista en talento, liderado e selección baseada en vídeo e IA, cunha longa traxectoria en dirección internacional.

Sofía Blanco

Arquitecta · Cofundadora de Barboza Blanco Office

Formada na ETSAM e na Harvard Graduate School of Design, destaca polo seu traballo sobre novos modelos de vida e espazo contemporáneo.

Saúl Campos

Senior Creator Manager · Grupo GO

Especializado en talento dixital, influencia cultural e comunicación da Xeración Z, lidera a división creativa “The Line”.

Anadía Delgado

Head of Creator Management · Grupo GO

Experta na xestión de creadoras e creadores nativos dixitais e na estratexia de contido orientada a audiencias xuvenís.

Un evento inaugural, con música e networking

O Foro Talentia non só ofrecerá contido profesional e divulgativo. As persoas asistentes poderán gozar tamén de:

Actuación musical en directo

A pianista Isabel Dobarro, gañadora do Latin Grammy® 2025, interpretará unha peza exclusiva durante o evento.

Presentación a cargo de Ainhoa Apestegui

A xornalista da Cadena SER será a encargada de conducir o acto e dinamizar as intervencións.

Pincho final de networking

Ao rematar celebrarase un encontro informal cun pincho de proximidade e calidade, pensado para favorecer o diálogo, o intercambio de ideas e a creación de novas conexións profesionais.

Inscricións abertas: entrada gratuita e prazas limitadas

A participación no foro é gratuita, mais o aforo é reducido, polo que se recomenda reservar canto antes.