Foro Talentia Summit ’23, o traballo do futuro na era da IA

Compartir

O Foro Talentia Summit 2023, celebrado este venres 10 de novembro de 2023 no Auditorio do CGAC en Santiago de Compostela, foi un rotundo éxito. A edición deste ano, centrada en como a tecnoloxía e innovación, especialmente a intelixencia artificial (IA), están reconfigurando o panorama laboral, atraeu a numerosos asistentes, esgotándose os entradas días antes do evento. Ademais do seguimento por streaming.

Ainhoa Apestegui presentou o foro, que contou coa participación de expertos en diversas áreas relacionadas coa temáticas clave desta edición. Ademais, o evento foi amenizado musicalmente por Eladio y Los Seres Queridos, unha recoñecida banda de indie pop.

Entre os puntos destacados, María Rozas, Concelleira de Emprego de Santiago de Compostela, inaugurou o Foro subliñando a importancia das políticas de conciliación e igualdade para atraer e reter talento. Pablo Fernández, Secretario Xeral do Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, salientou a importancia de aprender dos erros e aproveitar os recursos dispoñibles para o emprendemento.

Foro talentia summit 2023 3 edited

Pedro Blanco, Delegado do Goberno en Galicia, destacou o papel revolucionario da IA e a necesidade de establecer un marco responsable e ético. Pola súa banda, Goretti Sanmartín, Alcaldesa de Santiago de Compostela, pechou as intervencións das autoridades, destacando a importancia do empoderamento feminino e o traballo de calidade na era da IA.

Os relatores do sector empresarial e académico ofreceron perspectivas valiosas sobre o futuro do traballo, a dixitalización, a conciliación laboral e o papel da IA na sociedade actual. Entre eles, destacaron as intervencións de Alex Rayón, Susana Pascual, Santiago Domínguez, Carmen Castro, Tino Fernández, Ignacio Ramos, Anna Cabó, Guillem Garcia Brustenga e Isabel Pernas.

Foro talentia summit 2023 6
  • ALEX RAYÓN, Fundador de brainandcode.tech, ofreceu a súa visión en “IA Xenerativa, un mundo de oportunidades laborais”, resaltando as novas oportunidades que a IA presenta.

  • SUSANA PASCUAL, CEO de PixelsHub, na súa charla “Construíndo o teu futuro; falemos de liderado, STEAM e vocacións”, destacou a importancia das disciplinas STEAM na construción do futuro profesional.

  • SANTIAGO DOMÍNGUEZ, CEO de Mestrelab Research, falou sobre “Transformando unha economía rexional a través do emprendemento, a innovación, a dixitalización e as ciencias da vida. Con persoas, por persoas e PARA persoas”, salientando o papel humano na innovación.

  • CARMEN CASTRO, CEO de LiKaDI e creadora de SinGENEROdeDUDAS, en “Podemos alcanzar unha verdadeira conciliación laboral?” reflexionou sobre o equilibrio entre o traballo e a vida persoal.

  • TINO FERNÁNDEZ, Presidente executivo do Grupo Altia e Vicepresidente do Agrupación industrial TIC de Galicia, abordou en “Impacto, talento e transformación. O traballo do futuro” como a dixitalización está a moldear o novo panorama laboral.

Foro talentia summit 2023 4
  • IGNACIO RAMOS, de GMV, no seu relatorio “O futuro: IA xenerativa, non destrutiva”, destacou os aspectos positivos da IA no futuro laboral.

  • ANNA CABÓ, Fundadora de LaGroc, en “Políticas de conciliación e retención do talento”, discutiu estratexias para mellorar a conciliación laboral e reter o talento.
Foro talentia summit 2023 19

  • GUILLEM GARCIA BRUSTENGA, experto da UOC, en “Máis aló da dixitalización: Educación e emprego na era da IA”, explorou a relación entre educación, emprego e dixitalización.
  • ISABEL PERNAS, Vicepresidenta de Creativas Galegas, “O impacto do talento creativo na economía circular”, falou sobre a importancia do talento creativo na economía.

O Foro Talentia Summit 2023 foi un espazo de reflexión e debate sobre como prepararnos para os desafíos e oportunidades que presenta a era da IA, destacando a importancia da adaptabilidade, a innovación e o talento humano neste proceso.

Vídeo completo do Foro Talentia Summit 2023