COGAMI
COGAMI, Organización de Inclusión Social
Axenda a tua cita
Reúnete con Anahí Pombo Vidal/Sandy Paola Gomez Lara (Técnico de Selección)
Sobre a empresa
COGAMI
COGAMI é unha organización que promove a inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da creación de oportunidades, o fomento da igualdade e o impulso do seu desenvolvemento persoal e profesional.
Contribuímos á transformación social acompañando e atendendo ás persoas con discapacidade mediante os nosos centros de recursos e servizos. Ao mesmo tempo, impulsamos Centros Especiais de Emprego de economía social onde xeramos oportunidades laborais reais.
No ámbito empresarial contamos con 10 iniciativas de economía social que operan en sectores como o medio ambiente, as artes gráficas, a alimentación, o transporte adaptado, o outsourcing, a automoción ou o retail téxtil.
No ámbito social ofrecemos servizos de información, asesoramento, orientación laboral, formación, accesibilidade, lecer, atención temperá, asistencia persoal e xestionamos centros de día e residenciais para favorecer a autonomía das persoas.
Se tes formación no ámbito social, sanitario ou interese nos sectores nos que operan as nosas empresas, COGAMI pode ser o teu lugar. Únete e forma parte dunha organización con impacto real.
Ofertas de emprego
COGAMI
Descubre as oportunidades laborais disponibles nesta empresa.
