Fisioterapeuta para Centro de Atención a Personas con Discapacidad (Ourense)
Descricion do posto
Fisioterapeuta para Centro de Atención a Personas con Discapacidad (Ourense)
COGAMI precisa incorporar FISIOTERAPEUTA para o seu centro de atención integral a persoas con discapacidade en Ourense, que ofrece servizos de atención residencial e diúrna terapéutica adaptados a diferentes perfís de discapacidade.
Buscamos profesionais comprometidos cun modelo de atención integral e centrado na persoa, con sensibilidade social, capacidade de autoxestión e orientación á calidade de vida das persoas atendidas.
Algunhas das súas funcións principais serán:
- Valoración inicial e elaboración do plan de apoios ao proxecto de vida da persoa.
- Participación na elaboración e seguimento da historia de vida, do proxecto de vida da persoa e do plan de apoios ao proxecto de vida da persoa.
- Realización da función de persoa de referencia, cando proceda, segundo o modelo de atención integral e centrado na persoa.
- Aplicación de terapias físicas nos ámbitos:
Musculoesquelético: fortalecemento muscular, mellora da mobilidade e prevención de retraccións.
Neurolóxico: reeducación postural, tratamento da espasticidade e mellora da coordinación.
Cardiorrespiratorio: técnicas para mellorar a capacidade pulmonar, ventilación e tolerancia ao esforzo. - Realización de exercicios terapéuticos individuais e grupais para o mantemento funcional, prevención da dependencia e redución do risco de caídas.
- Uso de terapia manual e equipamentos específicos (electroterapia, ultrasóns, infravermellos...).
- Colaboración en programas de psicomotricidade, adestramento en actividades da vida diaria e asesoramento ás familias e ao contorno afectivo.
- Apoio ao programa de formación continua do equipo profesional. Apostamos pola igualdade nos postos de traballo e gustaríanos contribuír ao talento feminino. Se es unha persoa con iniciativa, che gusta traballar en equipo e compartes o noso espírito de valor social, estamos á túa espera!
Requisitos: -Titulación universitaria en Fisioterapia.
-Interés o conocimientos en neurorrehabilitación, fisioterapia respiratoria y abordaje funcional en contextos sociosanitarios.
VALORABLE:
-Estar en posesión de un certificado de discapacidad o de incapacidad permanente total (IPT).
-Formación específica en el área de psicomotricidad
-Formación en la metodología de Atención Integral y Centrada en la Persona.
-Experiencia previa en atención a personas con discapacidad, personas mayores y/o con patologías crónicas
Requisitos
Estudos
Grado universitario
Experiencia
1 año
Detalles do posto
Ubicacion
Ourense
vacantes
1 vacante
Publicada
28 de Novembro de 2025
Inscribirse
Inscribete a esta oferta de COGAMI y da el siguiente paso en tu carrera profesional.
Feira finalizada
As inscricións remataron
Compartir
Comparte esta oferta con alguien que pueda estar interesado.