Persoal Técnico Contable_ Santiago de Compostela
Descricion do posto
Persoal Técnico Contable_ Santiago de Compostela
COGAMI precisa incorporar Persoal Técnico Contable para SANTIAGO DE COMPOSTELA, dentro do Departamento Financeiro-Económico.
Responsabilidades:
- Preparar e elaborar a xustificación económica das subvencións e convenios de COGAMI en tempo e forma, coordinándose, no caso de ser necesario, co servizo de auditoría económica externa contratado.
- Coordinarse coa área de proxectos para presentar a documentación económica relacionada coa xustificación das diferentes subvencións e convenios de COGAMI en tempo e forma.
- Preparar e coordinarse coa área de proxectos para presentar toda a documentación económica relacionada cos requirimentos de xustificación das diferentes subvencións e convenios de COGAMI.
- Colaborar cos distintos profesionais da área e participar nos procesos conxuntos establecidos pola Coordinación da Área para a correcta execución do traballo.
Apostamos pola igualdade nos postos de traballo e gustaríanos contribuír ao talento feminino. Se es unha persoa con iniciativa, che gusta traballar en equipo e compartes o noso espírito de valor social, estamos á túa espera!
Requisitos:
- Titulación: Empresariais, Economía, Grao en Administración e Dirección de Empresas.
- Nivel avanzado en Excel e amplo coñecemento da lexislación que aplica aos procesos de xustificación de subvencións, así como coñecemento do Plan Xeral Contable para Entidades Non Lucrativas.
- Experiencia previa de 1 ano en administración financeira ou nun campo relacionado.
- Coñecemento sólido dos principios contables e financeiro-económicos.
- Habilidades de organización, atención ao detalle e traballo en equipo.
Valorable posuír o certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% ou estar en situación de incapacidade permanente total.
Requisitos
Estudos
Grado universitario
Experiencia
1 año
Detalles do posto
Ubicacion
Santiago de Compostela
vacantes
1 vacante
Publicada
26 de Novembro de 2025
Inscribirse
Inscribete a esta oferta de COGAMI y da el siguiente paso en tu carrera profesional.
Feira finalizada
As inscricións remataron
Compartir
Comparte esta oferta con alguien que pueda estar interesado.