A xuventude volcada coa iniciativa #1foto1arbore, 3.603 fotos para potenciar os bosques

Compartir

A campaña pecha cunha cifra enorme de participación. 3.603 novas árbores están sendo plantadas en Santiago de Compostela.

Cambia o mood: activa o modo bosque” é o que reclama esta campaña para celebrar o Día Internacional dos Bosques, o pasado domingo 21 de marzo, levada a cabo polo Concello de Santiago. Por cada foto compartida en redes sociais co hashtag #1foto1arbore, o Concello plantará unha árbore para repoboar con especies autóctonas, como carballos ou bidueiros, os montes da capital galega.

A xuventude da cidade fixo súa a meta desta iniciativa, coa axuda dos xa non tan novos, e lograron 3.603 fotos en todas as redes sociais etiquetadas co hashtag #1foto1arbore. Achegando a mensaxe e empregando as redes sociais, as novas xeracións demostran estar igual ou máis comprometidas co papel medioambiental e social que teñen os bosques.

O balance final desta acción serán as 3.603 novas árbores en total nos bosques de Santiago. Sumando as 1.749 fotos no feed de instagram das contas públicas (unha gran cantidade de participantes o fixeron empregando unha conta privada, e estes non poden ser contabilizados, agás as 228 mensaxes privadas recibidas dando conta das súas publicacións), 612 historias de instagram, 827 tweets e máis de 187 mencións en Facebook.

As árbores urbanas do ensanche protagonistas da campaña

Máis de 150 particiapantes foron seleccionados para formar parte do decorado da cidade coa súa foto exposta nunha das árbores urbanas do ensanche de Santiago a modo de taboeiro de Instagram. Lograron unha grande repercusión nas redes socias, posto que este soporte publicitario nada habitual converteu aos paticipantes en protagonistas desta iniciativa coa súa propia foto como cartel. Ademais, aproveitouse para poñer en valor o papel destas árbores urbanas, que moitas veces pasan desapercibidas pero que xogan un rol importantísimo no día a día das nosas rúas. Estes carteis poderán ser recollidos polos seus protagonistas ao remate da campaña, e os restantes serán reciclados.

O photocall de neón na alameda que acapara miradas, e fotos!

É xa un pequeno icono do paseo da Ferradura da Alameda, situado na Porta dos Leóns. Foi instalado o pasado vernes 12 de marzo e desde entón é un punto clave de parada para facerse fotos e xogar coas luces de néon. 

A plantación de árbores xa está en marcha!

Por cada foto, o Concello de Santiago comprométese a plantar unha árbore. Xa compartimos un vídeo nas redes amosando o inicio das plantacións que comezaron hai poucos días. A labor desta plantación masiva está sendo realizada mediante o Obradoiro de Emprego Creas III, na especialidade de repoboación forestal. Están xa plantando carballos e bidueiros na finca municipal de A Remuiña e tamén no Monte Viso. 

IMG 20210305 115001
Operarios do Obradoiro de Emprego Creas III realizando a plantación forestal

Un éxito da xuventude

Traducir ás novas linguaxes as mensaxes de iniciativas como esta, onde os máis novos poidan ser partícipes, permiten cambiar a percepción dos bosques como espazos máis atractivos entre a mocidade. Poñendo no centro á xuventude, dándolles voz e espazo como dinamizadores dunha nova forma de pensar e “cambiando o mood”, baseándose na importancia de protexer o medio ambiente e “activar o modo bosque”.

Son os propios mozos e mozas os que simplemente empregando o hashtag #1foto1arbore están concienciando a outros xóvenes da importancia de respectar o medioambiente, promocionando as paisaxes da cidade e popularizando os roteiros e sendas verdes.

cuadrada 2
Resultado final da campaña

Non te quedes sen praza!
Subscríbete a Talentia Summit

Recibe as últimas novidades sobre cursos, certificacións, empresas, webinars e moita máis información de Talentia Summit.

Responsable do tratamento: Concello de Santiago.
Finalidade: Informar das novedades de Talentia Summit
Dereitos: Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, así como outros que detallamos na información adicional sobre protección de datos.
Pode darse de baixa en calquera momento facendo clic na ligazón que aparece no pé de páxina dos nosos correos electrónicos. Para máis información sobre as nosas prácticas de privacidade, visite o noso sitio web.