Este ano, en Talentia Summit, ofrecemos de forma completamente gratuíta algunhas das certificacións máis prestixiosas de Microsoft.

Ter unha certificación de Microsoft deixa constancia dos teus coñecementos e habilidades en distintas ferramentas e aplicacións desta compañía, e pode servir para completar a túa formación e facer máis atractivo o teu currículo.

Certificacións Microsoft Excel

Es usuario habitual de Excel? Ben, porque é o que se busca neste tipo de certificación.

Seguro que tes destrezas básicas para crear e editar follas de cálculo con Microsoft Excel, polo que ter a certificación oficial é unha forma de acreditalo.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT EXCEL CORE.

Con todo, se posúes destrezas avanzadas para combinar libros, realizar análises de datos e auditar fórmulas en follas de cálculo, así como a usar funcións de resumo, crear táboas e gráficos dinámicos e traballar con macros, entón non esperes a conseguir a túa certificación de Microsoft Excel Expert.

A obtención destas certificacións MOS proporciona amplas vantaxes competitivas ás persoas que poidan estar a buscar emprego ou outras oportunidades de carreira.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT EXCEL EXPERT.

Microsoft Word

Estas certificacións de Microsoft están pensadas para persoas que teñen experiencia en creación e comunicación de documentos fundamentais.

Son exames que comproban que posúes destrezas básicas para traballar con documentos comerciais tales como cartas, formularios e folletos de información.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT WORD CORE.

Con todo, se posúes coñecementos avanzados de Microsoft Word 2016, convenche a certificación Expert.

Entre os requisitos, están saber crear e administrar documentos profesionais de catro páxinas ou máis para unha variedade de finalidades e situacións especializadas, así como personalizar a contorna de Word segundo as necesidades do proxecto e para mellorar a produtividade.

Le máis información e reserva a túa praza aquí para o exame MICROSOFT WORD EXPERT.