Comeza Talentia Summit: a maior cume do talento e o emprego

O vindeiro luns 21 de outubro de 2019 dará comezo Talentia Summit ´19 cunha duración de tres días consecutivos. Un gran evento promovido desde a corporación municipal de Santiago coa intención de consolidarse como un referente a nivel respecto da xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego.

Actividades de Talentia Summit: Foro e Feira do talento

A capital de Galicia acollerá a máis dun centenar de empresas punteiras e personalidades de relevo durante este cume. Talentia Summit ´19 desenvolverase cunha gran diversidade de actividades:

Talentia Summit ´19 en cifras

Talentia Summit ofrece xa nesta edición de 2019, mesmo antes de comezar, unhas cifras impactantes:

O Foro Talentia: 21 de outubro no Auditorio de Galicia

Nun mundo en constante cambio, o talento é e será a clave para definir e alcanzar os grandes retos da sociedade. Esta edición porá o foco en como afecta a “transformación dixital” ás persoas e tamén no compromiso social empresarial cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) acordados pola ONU no marco da Axenda 2030.

Por iso, na xornada inaugural, o Foro Talentia de relatorios estratéxicos, reunirá aos grandes referentes do talento, a tecnoloxía e a administración de empresas nunha única xornada:

O acto será conducido por Silvia Jato e contará con presenza das autoridades institucionais Dna. Nadia Calviño, Ministra de Economía e Empresa en funcións; D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia e Xosé Manuel Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela.

A Feira do Talento: 22 e 23 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia

A clave deste encontro será potenciar o talento, reunindo e dando visibilidade ás organizacións e empresas máis comprometidas co desenvolvemento, a promoción e a retención do talento. Doutra banda, os participantes poderán presentarse ante os responsables de recrutamento de empresas, acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas, asistir a conferencias, talleres ou exposicións acerca da transformación dixital e outras moitas actividades para mellorar a súa empregabilidade.

Os interesados aínda están a tempo de participar no maior cume do talento e o emprego, as inscricións non se pecharán até o último momento, e os dous días de Feira, o Palacio de Congresos estará totalmente aberto ao público, toda a información está dispoñible en talentiasummit.com.

Unha oportunidade única dun evento que está a avanzar a grandes pasos para converterse nun referente a nivel nacional do talento e o emprego. O acceso ao recinto é totalmente libre e gratuíto, do mesmo xeito que a inscrición a todas as actividades da Feira e a presenza ao Foro Talentia. Quedan as últimas prazas dispoñibles.