Nesta publicación explicámosche como rexistrarse en Talentia Summit, como inscribirse en cada unha das actividades e reservar praza para os distintos eventos Talentia.
Todas as actividades, sesións e cursos de formación de Talentia Summit son completamente gratuítos.
✍ Podes rexistrarte para todas as actividades a través desta ligazón.
O Foro de Talentia
O foro talentia é un encontro con profesionais dalgunhas das empresas máis representativas a nivel nacional. Este ano acompañarannos, entre outros:
- Juan Carlos Alcaide, experto en experiencia do cliente.
- María José Alonso, Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago e adscrita ao CiMUS.
- Joaquín “Kin” Martínez, fundador de Esmerarte Industrias Creativas e director do festival “O Son do Camiño”.
Tamén se contará coa presenza do ministro Pedro Duque, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.
✍ Como inscribirse no foro
O foro terá lugar en formato virtual o venres 27 de novembro ás 18:00 horas e será retransmitido en streaming.
Para reservar a túa praza, podes facelo a través da seguinte ligazón. Ese mesmo día recibirás un email con información para unirte ao foro en streaming.
Entrevistas con empresas
Dentro da sección de feira virtual atoparás o Pavillón A, o Pavillón B e o Pavillón de Centros de Investigación.
Pavillóns A e B: Stands de empresas
Nos pavillóns A e B poderás visitar os stands das diferentes empresas que este ano participan recrutando talento en Talentia Summit. En cada stand poderás:
- Ver un vídeo da empresa que mostra quen son, que fan e tamén que tipo de perfís profesionais adoitan incorporar ao seu persoal.
- Ler información detallada da empresa.
- Acceder á súa web e redes sociais.
- Coñecer un pouco mellor á persoa encargada da caseta.
- Revisar as ofertas de emprego activas.
- Reservar cita para unha entrevista.
???? Como reservar cita para as entrevistas
É moi sinxelo. Soamente tes que elixir unha das horas dispoñibles no stand virtual e encher o formulario. Ese día recibirás unha chamada telefónica da empresa para coñecerte un pouco máis.
Se che interesan unhas ofertas de emprego dunha empresa, é recomendable que envíes o teu currículo ademais de solicitar a cita para a entrevista telefónica, así xa terán algo de información sobre ti.
Preme aquí para acceder a ver o listado de empresas do Pavillón A e aquí para ver as do Pavillón B, ver as súas ofertas e solicitar cita telefónica.
Pavillón de Centros de Investigación
Este pavillón reúne organizacións non corporativas, así como institutos e centros de investigación. Do mesmo xeito que cos stands de empresas, en cada stand deste pavillón poderás:
- Ver un vídeo corporativo que mostra quen son, que fan e tamén que tipo de perfís profesionais adoitan incorporar ao seu persoal.
- Ler información detallada sobre o centro.
- Acceder á súa web e redes sociais.
- Coñecer un pouco mellor á persoa encargada da caseta.
- Revisar as ofertas de emprego activas.
- Reservar cita para unha entrevista.
???? Como reservar cita para as entrevistas
Elixe as horas dispoñibles no stand virtual e enche o formulario. Ese día, á hora seleccionada, recibirás unha chamada para coñecerte un pouco máis.
Preme aquí para acceder a ver o listado de centros, ver as súas ofertas e solicitar cita telefónica.
Sesións de mentoring
As sesións de mentoring están orientadas a resolver dúbidas ou inquedanzas a nivel profesional. Sínteste desanimado ou desanimada co teu emprego actual? Como poderías orientar o teu perfil de modo que poidas sacarlle o mellor partido ao teu talento? Sabes recoñecer os teus talentos, as túas principais virtudes á hora de traballar?
Os mentores, divididos en categorías, axudaranche a enfocarche e impulsar o teu perfil profesional, unha das metas de Talentia Summit.
???? Como reservar as sesións
Na sección de mentoring podes acceder aos perfís dos mentores e mentoras e reservar sesións privadas virtuais de aproximadamente 20 minutos para buscar o seu consello profesional.
As mentorías realizaranse virtualmente en sesións de videoconferencia privadas.
Preme aquí para acceder á sección de mentoring.
Formación online
A formación online dispoñible en Talentia Summit divídese en dous tipos: cursos de formación en directo e cursos online.
En ambos os casos, se completas a formación de forma satisfactoria, recibirás un diploma ou certificado.
O número máximo de cursos por persoa (incluíndo certificacións) é 3. Se superas o número máximo permitido ou as prazas desa formación esgotáronse o sistema devolverache unha mensaxe de erro.
✍ Inscrición en cursos de formación en directo
Os cursos de formación en directo realízanse a través dunha aula virtual cunha persoa que imparte a formación. Teñen horarios establecidos, indicados na sección do curso, e son presenciais de forma virtual.
Para ver o catálogo de cursos de formación en directo e anotarte, preme aquí.
✍ Inscrición en cursos online
Os cursos online, a diferenza dos anteriores, realízanse a través dunha plataforma, sen horarios marcados. Podes facelos no teu tempo libre, ao teu ritmo, a condición de que os completes no tempo máximo establecido.
Los cursos online, a diferencia de los anteriores, se realizan a través de una plataforma, sin horarios marcados. Puedes hacerlos en tu tiempo libre, a tu ritmo, siempre y cuando los completes en el tiempo máximo establecido.
Para ver o catálogo de cursos de formación online e anotarte, preme aquí.
Certificacións
A diferenza dos anteriores, as certificacións serven para obter unha certificación de coñecementos que xa tes ou adquiriches previamente. Non inclúen a formación nin os cursos preparatorios. Son exames que avalían e deixan constancia deses coñecementos.
✍ Inscrición en certificacións oficiais
Cando te inscribas para unha certificación, lembra revisar os días e horarios para realizar as probas e conseguir a certificación.
Para ver o catálogo de certificacións oficiais e anotarte, preme aquí.
Orientación laboral
Se necesitas axuda para orientarte a nivel laboral, contamos con profesionais que poden ofrecerche os seus coñecementos. Na sección de orientadores atoparás persoas que che aconsellarán ferramentas útiles para atopar un emprego á túa medida, axustar a túa procura ou reorientala.
???? Reserva praza cun orientador laboral
Na sección de orientadores podes acceder aos perfís de cada profesional e reservar sesións privadas virtuais de aproximadamente 20 minutos para solicitar o seu consello axuda.
As sesións cos orientadores realizaranse virtualmente mediante videoconferencia privadas.
Preme aquí para ver os perfís das orientadoras e reservar unha sesión con elas.
Webinars
Os webinars son sesións curtas, online, a modo seminario, que imparten coñecementos de temáticas concretas e de forma sinxela e práctica.
✍ Como anotarse aos webinars
Aínda non están abertas as prazas, pero moi pronto estarán dispoñibles nesta sección.