Cristina Hebrero é socia en KPMG e lidera a área de consultoría de People & Change. KPMG é unha rede global que ofrece servizos de auditoría, asesoramento legal e fiscal e asesoramento financeiro e de negocio en 156 países do mundo.
Dentro de KPMG o día a día de Cristina Hebrero, tal e como o define ela mesma, é un contexto variable e dinámico, interesante e cambiante, posto que o equipo traballa en proxectos nos que teñen que solucionar retos que os clientes lles expoñen.
Son moitos anos adicada á consultoría e por iso Cristina Hebrero incide en que a aprendizaxe ten que ser constante: «Nunca tes a resposta perfecta, vas aprendendo polo camiño».
A dixitalización é clave
Cando falamos da dixitalización que a pandemia acelerou, Hebrero asegura que, a pesar dos avances, aínda falta camiño por percorrer, e que o futuro é descoñecido e desafiante. Por iso cómpre conseguir tamén talento dixital. Nas súas propias palabras, a dixitalización non é a fin, senón un facilitador de todo o que vai chegar.
Do mesmo xeito, a dixitalización tamén fixo posible un modelo de traballo híbrido que favoreceu a conciliación dos traballadores coas súas vidas persoais.
A colaboración virtual, estar en contacto con outros… A dixitalización xa está aquí, e para Cristina Hebrero, esta contribúe enormemente ao talento global, a estar con compañeiros doutras partes do país e do mundo.
En canto á intelixencia artificial, Hebrero sostén que se atopa nun estado de implantación preliminar que veremos crecer, debido a que xa está moi implantada no noso lecer e, do mesmo xeito, vai estar no día a día das empresas e da captación do talento:
A intelixencia artificial parécenos ciencia ficción, pero vai cambiar as nosas vidas.
Cristina Hebrero, KPMG
Os modelos de liderado están en transformación absoluta
Os cambios nos modelos de traballo dando paso a modelos de traballo híbridos, os cambios na xestión de persoas ou a evolución cara a organizacións máis dinámicas e máis áxiles requiren dun modelo de liderado diferente do que había fai anos, que era un modelo xerárquico:
Agora mesmo, vexo a un líder diferente. Un líder como exemplo a seguir, como modelo. Como un coach que ten que conseguir a achega do equipo e darlles apoio. Un líder moito máis humano, interesado polas dificultades das persoas coas que traballa e o benestar destas.
Cristina Hebrero, KPMG
O talento diverso é a clave do futuro
Baixo a perspectiva da socia de KPMG, as claves para identificar o talento pasan por estar moi preto das persoas, falar con moitos candidatos que ofrezan capacidades diferentes. Os tempos cambian e agora mesmo non se xestiona tanto por postos de traballo senón por capacidades e habilidades: «Hai que estar preto e abertos a detectar talento.»
Cristina Hebrero cre que o talento é algo que se desenvolve e que se traduce na alegría de adicarnos a unha profesión na cal a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades é constante. De feito, considera que estamos nun contexto do mercado de traballo que nos pode ofrecer moitas posibilidades para reinventarnos: «Non sabemos que habilidades imos precisar no futuro. Aínda non as temos identificadas.»
Por todo isto, para Cristina Hebrero é fundamental saír da zona de confort, seguir aprendendo cada día e enfrontarse a retos novos, aproveitando todas as oportunidades. Esa é a mellor maneira de afrontar o futuro que vén por diante:
Non hai nada máis valioso que o talento. Non hai nada máis cambiante que o talento.
Cristina Hebrero, KPMG para Talentia Summit