Talentia Summit volve este 2020 para axudar a quen buscan emprego en Santiago de Compostela, pero tamén fóra da cidade. Nun ano no que a situación sanitaria provocada pola pandemia mundial dá lugar a unha incerteza laboral, económica e profesional, faise máis necesario que nunca que esta nova edición de Talentia Summit sexa 100% virtual.
Por iso, Talentia Summit é un espazo para as persoas en procura activa de emprego onde poder optar a ofertas de emprego en Santiago de Compostela e tamén a oportunidades laborais en toda España, xa que en Talentia danse cita diferentes empresas que operan e funcionan no ámbito estatal.
Perfil profesional buscado en Talentia Summit
Que tipo de profesionais buscamos nesta feira de emprego? Santiago de Compostela convértese en centro do talento e o emprego co obxectivo de crear un espazo para todos aqueles en procura activa de emprego. Por iso, tanto se tes pouca ou moita experiencia, esteas desempregado ou non, teñas a idade que teñas, Talentia Summit está concibido para todos e todas.
- Persoas en procura activa de emprego.
- Estudantes, persoas en desemprego.
- Profesionais en procura de novas oportunidades laborais.
- Empresarios que busquen conectar o seu talento e xerar sinerxías con traballadores, empresarios…
- Académicos, investigadores e profesores en áreas relacionadas co talento, a administración de empresas, comunicación, recursos humanos e outras disciplinas relacionadas.
- Público en xeral interesado nas últimas novidades do emprego e talento.
Como podo optar ás ofertas de emprego en Santiago de Compostela en Talentia Summit?
Gustaríache poder presentar a túa candidatura para as ofertas de emprego de Talentia Summit? Contaremos con propostas de empresas de todo o Estado, para diferentes tipos de perfís, idades, experiencia e necesidades. Pero… como funcionan estas ofertas de emprego?
Mecánica das ofertas de emprego en Santiago de Compostela con Talentia Summit
As ofertas de emprego de Talentia Summit estarán dispoñibles a través da web da Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela. Para iso, é necesario completar unha ficha con todos os teus datos: persoais, experiencia profesional, traxectoria académica…
Unha vez cumprimentado o perfil de usuario na web da Axencia Local de Colocación, accedendo a Ofertas Talentia, poderás inscribirte e presentar a túa candidatura. Soamente terás que ir engadindo e cubrindo aqueles campos solicitados pola empresa.
Stands virtuais de empresas en Talentia Summit
Á súa vez, sen necesidade de presentar candidatura ás ofertas de emprego, a través da web de Talentia Summit podes coñecer as stands virtuais de empresas. Neles poderás coñecer:
- Ofertas de emprego activas
- Coñecer o perfil do responsable de selección, talento, recruitment ou recursos humanos
- Contactar coas empresas por mensaxería durante os días da feira.
- Coñecer de primeira man as novidades e actividade da empresa.
Posibilidades para as empresas nos stands
Se es responsable de recursos humanos dunha empresa e queres contar coa túa caseta virtual en Talentia Summit, é moi sinxelo. Simplemente tes que porche en contacto connosco a través do e-mail empresas@talentiasummit.com. O noso equipo porase en contacto convosco para explicarvos os seguintes pasos a dar.
Como empresa, poderás contar de forma moi cómoda e práctica con:
- Entrevistas virtuais a través da plataforma con diferentes candidatos.
- Apertura e peche do stand no horario que selecciones.
- Calendario e axenda da actividade da túa empresa no stand á túa elección.
- Crear unha base de datos de candidatos-as para os diferentes postos de emprego ofertados na feira.
- Establecer contacto cos teus futuros traballadores a través dunha sinxela aplicación.
Talentia Summit, de feira de emprego en Santiago de Compostela a feira virtual de emprego
Talentia Summit adaptouse a esta “nova normalidade” consolidando a súa terceira edición como un evento a escala nacional que permite a calquera usuario que o desexe, gozar da feira. Estea onde estea, cun dispositivo móbil, un computador ou un portátil, poida gozar de conferencias, charlas, cursos, webinars, obter certificados e acceder a todas as ofertas de emprego en Santiago de Compostela.