Ramón Torrelledó: “Non hai nada máis creativo que o talento”

Compartir

Entrevista a Ramón Torrelledó

Ramón Torrelledó é director de orquestra. Ocupou postos de responsabilidade en diferentes e prestixiosas orquestras como a Orquestra Sinfónica de Moscova, O Cairo, a Orquestra Sinfónica Rusa, a Orquestra Europea de Concertos ou a Filarmónica de Bucarest, entre moitas outras.

Descríbese a si mesmo como un nómade. E é que ademais de viaxar por traballo, ser director de orquestra serviulle precisamente para estar na alma de moita xente a través da música e das emocións que esta xera nas persoas.

A pesar de crecer nunha familia de músicos e de estudar música desde pequeno, non foi até o quince anos cando realmente sentiu a vocación. Foi cando escoitou o Cuarteto nº 8 Shostakóvich: ?Caín da butaca, porque estaba nun estado estético impresionante?.

Vivir na música fíxolle crecer interiormente de forma insospeitada: ?En Rusia tiven o privilexio de estar con Fórmulas 1 todos os días. Cando estás diante de músicos, convivindo con músicos ou tentando axudar a músicos coñeces como é a profesión, a andaina que queda a ese músico, coñeces cal é o seu nivel e pódeslle axudar conducindo o tránsito que lle espera?.

O talento como capacidade para afrontar retos profesionais

A nivel profesional, o maior reto profesional ao que se enfrontou Ramón Torrelledó foi a parte humana: ?Ao principio é algo que non se sabe, pero co tempo dásche conta de que o 70% do liderado dun equipo de músicos está baseado na interrelación humana: estás a traballar egos, persoas que se implican e que non, algunhas que queren traballar en grupo pero non en equipo. Hai que balancear todo isto e coordinar ese material sonoro. A personalidade dos individuos é o máis complicado na interrelación á hora de dirixir unha orquestra.?

Torrelledó confesa sentirse moi feliz ao estar con novos talentos e reflexiona sobre o concepto do talento e o como recoñecelo: ?Non hai ciencia para detectar o talento. É máis intuición e froito da experiencia e da observación. Hai moita xente con altas capacidades que non chega a consumar o talento, porque hai unha serie de pasos para desenvolver esas capacidades sen os cales non se fai talento. O talento está relacionado coas cousas que se conseguen. Cando ti consegues unha cousa, iso é talento.?

O amor como banda sonora do talento segundo Ramón Torrelledó

A banda sonora para o talento tería que ser unha de amor, explica. O amor contén todas as emocións básicas: a alegría, a tristeza, a ira, os celos, os medos…

Ramón Torrelledó

Como músico, Torrelledó considera que hai dous compositores imprescindibles e que deberían ser fonte de inspiración:

?Bach é o músico de onde hai que beber. Aí está a ciencia da música en sentido figurado. Pero un músico co que me relaciono espiritualmente é Beethoven. Todo o mundo tería que escoitalo, porque foi o primeiro músico que traballou para gañarse a vida. Que alguén como Beethoven fose capaz de crear tantas obras con tanta carga humana e técnica é un exemplo que se pode aplicar a calquera profesión. Sempre loitou por conseguir os seus soños e na música plasmou o que quería plasmar. E non houbo nin príncipe, nin emperador ao que el, se non lle gustaba, dobregásese. Ti serás príncipe, pero eu son Beethoven.”