A feira virtual Talentia celebra a súa primeira semana con éxito de participación

Feria Virtual Foro Talentia Summit

Compartir

A Feira virtual Talentia Summit ´21 continuará aberta ata o vindeiro venres 26 de novembro

Entrevistas con empresas, ofertas de emprego, cursos de formación en directo, webinars e a unidade de desenvolvemento profesional a un golpe de clic para reservar praza de balde

Máis de 35.000 usuarios activos na feira virtual Talentia Summit

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu este xoves 18 de novembro o Foro Talentia Summit 2021. A inauguración correu a cargo dopresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Nesta edición de Talentia Summit combínanse os formatos presencial, para o Foro, e online, para a Feira, que se desenvolve paralelamente do 15 ao 26 de novembro.

Cinco días de actividade frenética. Na contorna virtual coa Feira virtual e tamén no Foro Talentia Summit ´21. Os datos de participación son os seguintes:

  • 37.854 usuarios activos na Feira Virtual Talentia.
  • 2.150 usuarios en cursos de formación e certificacións oficiais.
  • 1.812 currículums intermediados para as 320 ofertas de emprego, con 868 vacantes para 85 empresas participantes.
  • 1.399 vídeochamadas nas citas virtuais con empresas.
  • Máis de 750 entradas reservadas no Foro Talentia.
  • Máis de 2.500 páxinas vista no seguimento vía streaming do evento.
t8vfgZqkoDNRLgytMzTArFjMNYkQEBpODkRx8yXs j5 39lMICqFcvnUo9CWJtk JgMAWA7f su3kzOVy2cFLy61ff8VL6YjEjIHkgOEL

Seguimento nacional de Talentia Summit con usuarios participantes de todo o Estado.

A feira consolídase como o maior encontro do talento e o emprego a nivel estatal. Unha boa mostra delo é que a cidade dende a cal se conecta o maior volume de usuarios é Madrid. Seguen á capital, as cidades galegas Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Destaca tamén a cidade condal, Barcelona no quinto posto seguida das cidades de Lugo e Narón. As empresas destacan a comodidade do proceso de citas virtuais. Co sistema de videoconferencias para conectar e coñecer aos candidatos que se postulan ás ofertas de emprego activas.

Unha segunda semana chea de actividade na web da feira virtual Talentia Summit ´21

Esta segunda semana continúan as entrevistas de traballo para as diferentes ofertas de emprego activas. Centos de sesións dispoñibles para realizar videochamadas e establecer contacto directo cos responsables de captación de talento e recursos humanos das empresas. Tamén estrearánse novos webinars. Impartidos polas empresas, amosarase información relevante sobre a súa actividade, a situación do sector todo ilo cun achegamento formativo e didáctico.