O Foro Talentia Summit volverá á Cidade da Cultura para clausurar a edición 2022 cargada de talento

Compartir

O auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura acollerá o próximo xoves 24 novembro de 2022 ás 18:00 h. o Foro Talentia Summit ‘22. Yolanda Vázquez será a condutora do acto, que contará como cada ano, coa participación de varios conferenciantes de prestixio.

Ademais, o talento artístico terá a súa representación en Fredi Leis, o músico e compositor compostelán animará unha xornada que estará cargada de innovación e coñecemento.

Reserva de entradas

Tras alcanzar o ecuador da feira virtual de talento e emprego Talentia Summit ‘22, é o momento de facer balance dos resultados obtidos, e de desvelar os detalles do Foro Talentia 2022 que se celebrará a próxima semana, sendo o punto final desta edición.

Talentia Summit ‘22 conta xa con 22.893 usuarios activos na feira virtual, que acceden a un gran catálogo de actividades gratuítas e que lles permiten conectar de forma áxil e sinxela cunha gran rede de empresas e organizacións que están á procura de talento, ademais dunha amplia oferta formativa, de certificacións oficiais e dunha unidade de desenvolvemento profesional.

Foto de arquivo Talentia Summit ‘21.
Foto de arquivo Talentia Summit ‘21.

O Foro Talentia 2022 terá lugar o vindeiro xoves 24 de novembro en xornada de tarde, de 18:00 h a 20:45 h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. As entradas xa se poden reservar de forma gratuíta a través desta ligazón.

O Foro volve de novo á Cidade da Cultura, onde xa cebrara a pasada edición con gran éxito. E do mesmo xeito, tamén será difundido en tempo real mediante streaming.

O Foro Talentia 2022 será inaugurado por Xosé Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela. A proposta desta edición reúne a referentes do talento en diferentes áreas:

  • Miriam Blanc – Cofundadora iterem, experta en transformación dixital
  • Gemma Ventura SantasusanaHappines hunter – Experta en Procesos de Xestión da Felicidade
  • Juan Antonio Báez Morín – Vicepresidente do Consello da Xuventude de España
  • Eva Porto – Psicóloga, Recruiter e creadora de contidos
  • Luis Gil – Catedrático da ETSI Montes, Forestal do Medio Natural

O broche musical o porá Fredi Leis, recoñecido músico e compositor nacido en Santiago, conseguirá crear o ambiente perfecto para clausurar a edición 2022 de Talentia Summit.