Un total de 836 puestos vacantes
Dende a Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela, estanse a recibir centos de solicitudes de empresas con ofertas de emprego para máis de 800 postos de traballo.

Inscrición previa para as ofertas de emprego
As ofertas de emprego recollidas no Talentia Summit´19 abarcan diferentes sectores, requirimentos e capacitacións profesionais. Dende postos de traballo para bolseiros e profesionais que buscan o seu primeiro emprego, pasando por postos nos que se requiren idiomas como inglés e francés e por suposto aqueles que demanden contar con experiencia e traxectoria.
Podes revisar todas as ofertas de emprego clicando neste link
Unha oportunidade para amosar o teu talento de forma directa a empresas galegas
Ademais da presentación da túa candidatura para un posto de traballo, Talentia Summit é unha oportunidade para aproveitar a posibilidade de interactuar con captadores de talento, responsables de recursos humanos, recruitment managers e departamentos de contratación de empresas e institucións galegas e a nivel nacional.
Combina a presentación de empresas cos cursos de formación, sesións de mentoring e certificados oficiais
Talentia Summit non é soamente un punto de encontro entre profesionais na búsqueda activa de emprego e empresas, senón tamén a posibilidade de espolear e potenciar o talento coa formación a través de cursos específicos, certificados oficiais de competencias tanto dixitais en ofimática, deseño gráfico e de management como de formación específica e as sesións de mentoring personalizadas e adaptadas con profesionais da comunicación, o networking, o marketing e as novas tecnoloxías.