O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu este xoves 18 de novembro o Foro Talentia Summit 2021, que inauguraron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Nesta edición de Talentia Summit combínanse os formatos presencial, para o Foro, e online, para a Feira, que se desenvolve paralelamente do 15 ao 26 de novembro.
A presentadora Yolanda Vázquez foi a conductora do Foro Talentia Summit 2021
O acto foi presentado por Yolanda Vázquez ofrecendo os datos desta terceira edición de Talentia Summit. Posteriormente, interviron as autoridades presentes. Xosé S. Bugallo reivindicou a necesidade de por en valor o talento e a innovación en todos os ámbitos da vida: “todas as grandes crises nos poñen nun escenario de igualdade e o que é capaz de innovar vai un paso por diante. E para iso requírese talento”, engadíu. Pola súa band, a ministra Pilar Alegría, que tamén salientou a importancia do talento e innovación no seu ámbito de competencias: “necesitamos unha educación que permita desenvolver o talento e a creatividade”, subliñou. Finalmente, na mesma liña se pronunciou o presidente da Xunta que lembrou que “o talento ou se cultiva ou se marchita”.
Unha gran cita co talento que deixou grandes citas por parte de conferenciantes de prestixio no Foro Talentia
Tras os discursos institucionais, o Foro continuou coa participación de ponentes referencia do talento en diferentes áreas: marketing, formación, novas tecnoloxías, retail e deporte.
Na primeira quenda de conferencias, participaron os seguintes profesionais. Deixaron nas súas conferencias maxistrais, ensinanzas para a lembranza. Compartimos algunhas das súas frases máis memorables:
“O maior desafío que temos as empresas para levar a cabo esa transformación digital pasa polas persoas. Se en algo non podemos fallar é no talento”
Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data
Na vida hai que saber xestionar a incertidume. E hai que aprender do pasado
Pau García Milá, Emprendedor de éxito – Innovator of the Year by MIT’s TR-35
AS MARCAS… Teñen un poder tremendo na atracción e retención do talento. Escoitan e responden. Ofrecen orgullo de pertenenza. Adáptanse ao noso comportamento
Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand
Como ocorre cos animais, moitas organizacións ainda van a 4 patas porque non queren servirse da intelixencia colectiva e evolucionar.
Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead
Posteriormente a un descanso dun café e networking, desfrutamos das seguintes conferencias con referentes do talento en diferentes áreas:
Os tiburóns máis perigosos non están no mar, están nas nosas mentes. O tiburón máis perigoso, o noso pior inimigo, ás veces somos nós mesmos.
David Meca, 28 veces campión do mundo de natación
As marcas xa non son das empresas, se non das persoas. Se mañá hai un “hater” que quere afundir a túa marca, o pode facer. Pero aí, os teus “gladiadores” sairán na túa defensa
Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca
Talento + vontade + acción = potencial. O potencial son todas as posibilidades que te brinda o talento se o traballas.
Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia
Son Carlos Ezquerro e teño 55 años. Por que digo isto? Porque parece que ninguén pode ser innovador a partir de certa idade.
Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning
O talento artístico tivo tamén a súa representación neste encontro a través da música do pianista Javier López Jorge acompañado de María Victoria Jericó como vocalista e Millán Abeledo Malheiro ao violonchelo.