Aquí explicámosche os pasos para facer o rexistro en Talentia Summit 2023, como inscribirse en cada unha das actividades, cursos ou certificacións e reservar praza para os distintos eventos Talentia.
Todas as actividades, sesións e cursos de formación de Talentia Summit son completamente gratuítos.
✍ Podes rexistrarte para todas as actividades a través desta ligazón.
Que atoparás na feira de Talentia Summit 2023?
Entrevistas con empresas
Dentro da sección de feira virtual atoparás as empresas divididas por pavillóns segundo o sector de traballo. Estes son os sectores que vas atopar:
- Tecnoloxía
- Grande consumo
- Servizos
- Medioambiente
- Industria
Que hai nos pavillóns?
Nos pavillóns de empresas poderás visitar os stands das diferentes empresas que este ano participan recrutando talento en Talentia Summit 2023. En cada stand poderás:
- Ver un vídeo da empresa que mostra quen son, que fan e tamén que tipo de perfís profesionais adoitan incorporar ao seu persoal.
- Ler información detallada da empresa.
- Acceder á súa web e redes sociais.
- Coñecer un pouco mellor á persoa encargada do stand.
- Revisar as ofertas de emprego activas.
- Reservar cita para unha entrevista por videoconferencia.
Como reservar cita para as entrevistas con empresas
É moi sinxelo. Explicámosche todo paso a paso:
1- Pulsa o botón RESERVAR CITA.
2- Elixe día e hora entre as dispoñibles no stand virtual.
3- Enche o formulario cos teus datos persoais.
4- Recibirás no teu correo electrónico un email cos datos da reserva. Se non o recibes, revisa a bandexa de spam. No email terás unha ligazón para acceder á vídeo conferencia coa empresa e un código de acceso. Lembra ser puntual!
5- Se necesitas cancelar a entrevista, podes facelo seguindo a ligazón de cancelación na parte inferior do email.
Se che interesa unha oferta de emprego concreta dunha empresa, é recomendable que envíes o teu currículo ademais de solicitar a cita para a entrevista por vídeo chamada, así xa terán algo de información sobre ti.
Preme aquí para acceder a ver o listado de pavillóns de empresas.
IMPORTANTE: se o día da entrevista accedes co teu código e ves unha pantalla negra que di “espera, o moderador deixarache entrar pronto”, entón debes esperar. Nese momento estarás en sala de espera debido a atrasos con entrevistas previas daráseche acceso canto antes.
Ofertas de emprego
Na sección de Ofertas de emprego dentro da web de Talentia Summit 2023, atoparás multitude de ofertas de traballo. Dentro da sección, poderás buscar por palabra ou por sector empresarial e, automaticamente aparecerán todas as empresas relacionadas que buscan perfís con talento nesta edición.
Se che interesa unha oferta de emprego podes inscribirte na mesma e achegar o teu currículo. Moita sorte!
Unidade de desenvolvemento profesional
A unidade de desenvolvemento profesional está conformada por sesións con mentores, orientadas a resolver dúbidas ou inquedanzas a nivel profesional. Sénteste desanimado ou desanimada co teu emprego actual? Como poderías orientar o teu perfil de modo que poidas sacarlle o mellor partido ao teu talento? Sabes recoñecer os teus talentos, as túas principais virtudes á hora de traballar? Queres cambiar o enfoque na túa carreira profesional e non sabes por onde empezar?
Os mentores axudaranche a enfocarte e poñer en orde o teu perfil profesional para que poidas darlle o impulso que buscas. Revisa as mentorías dispoñibles dentro das diferentes áreas.
Como reservar as sesións: rexistro Talentia Summit 2023
Na unidade de desenvolvemento profesional podes acceder aos perfís dos mentores e mentoras de diferentes sectores e reservar sesións privadas virtuais de aproximadamente 20 minutos para buscar o seu consello profesional.
As mentorías realizaranse virtualmente en sesións de videoconferencia privadas.
IMPORTANTE: se vas facer a vídeo conferencia desde o móbil necesitarás ter a app de Jitsi. O nome da sala é o código que aparece no email de confirmación de cita.
Preme aquí para acceder a la unidad de desenvolvemento profesional.
IMPORTANTE: se o día da cita accedes co teu código e ves unha pantalla negra que di “espera, o moderador deixarache entrar pronto”, entón debes esperar. Nese momento estarás en sala de espera debido a atrasos con citas previas e daráseche acceso canto antes.
Actividades de formación: rexistro Talentia Summit 2023
As actividades de formación son os cursos e as certificacións dispoñibles en Talentia Summit 2023.
Dentro dos cursos hai catro tipos:
1- Cursos online en aula virtual
2- Cursos online por libre
3- Cursos presenciais
4- Paquetes de LinkedIn Learning
En todos os casos, se completas a formación de forma satisfactoria, recibirás un diploma ou certificado.
As certificacións, pola súa banda, serven para obter unha certificación de coñecementos que xa tes ou adquiriches previamente. As certificacións non inclúen a formación nin os cursos preparatorios. Son exames que avalían e deixan constancia deses coñecementos.
ℹ Antes de inscribirte nos cursos le ben a seguinte información
Explora ben todos os cursos e certificacións antes de anotarte.
O número máximo de actividades de formación por persoa é 3 (sumando cursos en aula virtual, cursos por libre, cursos presenciais, paquetes de LinkedIn Learning e certificacións). Se superas o número máximo permitido ou as prazas desa formación esgotáronse o sistema devolverache unha mensaxe de erro.
IMPORTANTE: se cometes erros ao solicitar prazas na formación, trataremos de resolvelos e darche resposta canto antes. Grazas pola comprensión.
✍ Inscrición en cursos en aula virtual (en directo)
Estes cursos realízanse a través dunha aula virtual cunha persoa que imparte a formación. Teñen horarios establecidos, indicados na sección do curso, e son presenciais de forma virtual.
Para ver o catálogo de cursos de formación en directo e anotarte, fai click aquí.
✍ Inscrición en cursos online por libre
Os cursos online por libre, a diferenza dos anteriores, realízanse a través dunha plataforma, sen horarios marcados. Podes facelos no teu tempo libre, ao teu ritmo, a condición de que os completes no tempo máximo establecido.
Para ver o catálogo de cursos de formación en liña e anotarte, fai click aquí.
IMPORTANTE: se te anotas en varios cursos en liña, ten en conta que estes poden ser de diferentes provedores. Por tanto, pode que algúns vaian nunha plataforma e outros noutra (deste xeito, recibirás as credenciais por separado).
✍ Inscrición en cursos presenciais
Estes cursos son para asistir de forma presencial, durante os días da feira. Podes revisar aquí o catálogo de cursos dispoñibles.
Por favor, asegúrate de que pode asistir nas datas e horarios establecidos para non privar da praza a outra persoa.
✍ Inscrición en paquetes de LinkedIn Learning
Talentia Summit 2023 ofrece 600 prazas para acceder gratis a LinkedIn Learning durante 6 meses en un catálogo de máis de 20.000 cursos.
Podes reservar a túa praza e explorar todos os cursos de LinkedIn Learning dispoñibles facendo click aquí.
✍ Inscrición en certificacións oficiais
Cando te inscribas para unha certificación, lembra revisar os días e horarios para realizar as probas e conseguir a certificación.
✔ Ao inscribirte chegaranche detalles para realizar o exame. Revisa o spam.
✔ As certificacións non inclúen a formación nin os cursos preparatorios, polo que deberás ter os coñecementos previamente.
✔ Os exames de certificacións realízanse online excepto os de inglés.
✔ O exame de Certificación de Project Management Ready é en inglés.