Por fin chegou o día e comeza a semana Talentia Summit! Desde hoxe e ata o 27 de novembro acompañarémosche con múltiples actividades que vos avanzamos a continuación.

Revisa as actividades de cada día coas súas correspondentes horas para non perderche nada. Ademais, lembra:

Semana Talentia: luns 23 de novembro

É o día de arranque da feira. Ao longo do día 23 comezarán as distintas formacións e, ademais:

Semana Talentia: martes 24 de novembro

O martes 24 continúan a formación, chamadas de empresas e mentorías.

Ademais, comezarán os webinars. Estes son os do martes 24 de novembro:

Para asistir a un webinar, soamente tes que entrar na súa ligazón o día e hora indicados e poderás velo en streaming.

Semana Talentia: mércores 25 de novembro

Continúan a formación, chamadas de empresas e mentorías. E impártense estes webinars:

Semana Talentia: xoves 26 de novembro

Continúan chamadas de empresas e mentorías así como a formación. E impártense estes webinars:

Semana Talentia: venres 27 de novembro

É o último día de chamadas de empresas, mentorías e formación en directo, pero a formación online continúa.

Ademais, é o día do foro de clausura de Talentia Summit 2020.

O foro talentia é un encontro con profesionais dalgunhas das empresas máis representativas a nivel nacional. Este ano acompañarannos, entre outros:

Tamén se contará coa presenza do ministro Pedro Duque, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

O foro terá lugar en formato virtual o venres 27 de novembro ás 18:00 horas e será retransmitido en streaming.

Para reservar a túa praza, podes facelo a través da seguinte ligazón. Ese mesmo día chegarache un email con información para unirche ao foro en streaming.

Como rexistrarse en Talentia Summit
Foro presencial – 2019