No portal web da feira virtual Talentia Summit 2021 comezou a inscrición en ofertas de emprego, videochamadas con empresas, cursos de formación, certificacións oficiais e webinars entre moitas outras actividades.
Comeza a inscrición na feira virtual de talento e emprego Talentia Summit 2021
Esta semana abriuse o prazo de inscrición para todas as actividades de Talentia Summit. A maior feira do talento e o emprego do Estado presenta unha oferta formativa meirande que nas anteriores edicións e con múltiples candidaturas para vacantes de emprego.
A través da páxina web, a Feira Talentia ofrece a posibilidade para todo o público a inscribirse nas 15.000 prazas nas seguintes actividades:
-
- Visitar os stands virtuais de empresas con ofertas de emprego activas e reserva de citas por videoconferencia a modo de entrevista.
- Aplicar as moitas ofertas de traballo abertas.
-
- 100 cursos online: actividades formativas para realizar de forma 100% virtual.
- 25 certificacións oficiais: Títulos de idiomas, competencias dixitáis, Scrum Master deseño gráfico e curso avanzado de pilotaxe de drons.
- 38 cursos de formación en directo en aula virtual con titor, en categorías como 3D e realidade virtual, marketing, novas tecnoloxías, orientación e emprego
- Webinars: exposicións e charlas de empresas participantes na presente edición.
- Unidade de desenvolvemento profesional: atención, asesoría e seguemento de profesionais especialistas en diversas áreas.
-
Máis de 2.000 rexistros en actividades e 10.000 usuarios nas primeiras 24 horas desde a súa apertura.
Videochamadas directas entre candidatos e empresas en búsqueda de talento na Feria de Talentia Summit ‘21
Nas primeiras horas da apertura da inscrición, xa hai centos de reservas para citas de videochamadas entre candidatos-as e empresas participantes. Unha nova forma de adaptarse a nova normalidade e ofrecer unha vía máis próxima que achegue a compañías e futuros empregados-as.
Xa se poden reservar as entradas presenciais para o Foro Talentia 2021. O 18 de novembro ás 09.00h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura daranse cita referentes do talento a nivel internacional.
O Foro Talentia 2021 celebrarase o 18 de novembro de 09.00h a 13.30h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Será unha xornada con formato presencial, onde a seguridade estará reforzada implementando todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a súa correcta celebración.
O Foro Talentia 2021 estará presidido por D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, e coa presenza das autoridades Dª. Pilar Alegría, Ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España e D. Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela.
Ponentes do Foro Talentia Summit 2021
- Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data
- David Meca, 28 veces Campeón del Mundo de Natación
- Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand
- Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning
- Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead
- Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia
- Pau Gacía Milá, Emprendedor de éxito – Innovator of the Year by MIT’s TR-35
- Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca
Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento artístico para dar unha nota musical da man do pianista Javier López Jorge, María Victoria Jericó como vocalista e Millán Abeledo Malheiro ao violonchelo.
En menos de 24 horas, xa está cuberta máis da metade da capacidade do auditorio do Edificio Fontán para poder acudir presencialmente ao evento.