A nova edición de Talentia Summit 2023, que estará centrada no futuro do traballo e como a tecnoloxía e innovación, especialmente a IA, están a transformar o mercado laboral.
A cita comezará o venres 10 de novembro cun foro estratéxico inaugural. Seguido por unha gran feira virtual de emprego do 13 ao 17 de novembro.
Talentia Summit, o encontro anual dedicado á innovación, á tecnoloxía e ao talento, anuncia a súa edición 2023. Centrándose no futuro do traballo e o rol determinante da intelixencia artificial e outras tecnoloxías emerxentes, o evento terá lugar do 10 ao 17 de novembro.
O formato híbrido deste ano combinará o mellor do entorno presencial e dixital, permitindo ás persoas asistentes beneficiarse de ambos mundos. Con 15.000 prazas gratuítas en conferencias, obradoiros, cursos de formación online e presenciais, así como oportunidades en importantes empresas, o evento promete ser unha plataforma inigualable para o desenvolvemento profesional.
📅 Axenda Talentia Summit ‘23
Foro Inaugural
Venres 10 de novembro, 10:00 h no Auditorio CGAC, Santiago de Compostela.
Expertos de diversas áreas debatirán sobre tecnoloxías de vangarda e os retos futuros do mercado laboral.
Feira virtual de emprego
Do 13 ao 17 de novembro na plataforma talentiasummit.com, complementado coas actividades presenciais no Palacio de Congresos de Galicia.
A feira contará coa participación de máis de 100 empresas líderes, ofrecendo oportunidades de emprego, formación, certificacións e moito máis Uns días antes do comezo da feira virtual publicarase todo o catálogo de actividades dispoñibles.
Retos da Edición 2023
O Talentia Summit 2023 adéntrase nos desafíos máis apremiantes do mercado laboral moderno. Desde a influencia da IA até a conciliación vida-traballo, o evento abordará temas críticos como a automatización, a demanda en competencias STEM e a formación personalizada. Nunha era de teletraballo e emprendemento, formularanse preguntas clave: Que empregos definirán o futuro? Como equilibrar flexibilidade e estabilidade? Onde se sitúa a ética na IA? Un encuentro esencial para aquelas persoas comprometidas co futuro do traballo.
Como funcionará a feira virtual de emprego?
As persoas interesadas poderán visitar stands virtuais de empresas, programar entrevistas, explorar ofertas de emprego, obter certificacións oficiais e participar en obradoiros e cursos. Talentia Summit está valorado cun 8.3 sobre 10 polos seus usuarios, consolidándose como unha cita imprescindible para potenciar o perfil profesional.
Acerca do Talentia Summit
Desde a súa primeira edición, Talentia Summit posicionouse como un dos eventos de referencia no ámbito do talento e a innovación. Cun enfoque nas transformacións do mercado laboral, busca ofrecer ás asistentes ferramentas e coñecementos para enfrontar os retos do futuro.