Santiago de Compostela converteuse na capital do talento durante estes días acollendo o cume Talentia Summit ‘19, que tivo lugar desde este luns 21, ata o día de hoxe. Unha cita anual que este ano acodou cifras altamente positivas, mobilizando a máis de 5.000 persoas de toda Galicia e involucrando directamente ao tecido produtivo e económico máis importante da cidade.
O Foro Talentia: conferencias estratéxicas no Auditorio de Galicia
Talentia Summit ’19 congregou na gala de apertura presidida pola Ministra de Economía en funcións Nadia Calviño, o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e o Alcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo, a executivos de grandes empresas como Hijos de Rivera, Samsung España, Telefónica, Banco Sabadell ou Great Place to Work.
A Feira do Talento: un encontro de candidatos e empresas
Posteriormente tivo lugar a Feira do talento celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, con múltiples actividades para potenciar o emprego.
Talentia Summit 2019 en cifras
Talentia Summit ’19 contou cunha gran acollida entre público, unhas cifras de éxito que corroboradas a continuación:
- Máis de 1000 vacantes abertas no marco de Talentia Summit ’19 xestionadas mediante a súa web.
- 100 empresas participantes durante a Feria do Talento, 70 delas recrutando talento directamente durante o evento.
- 940 asistentes en actividades de formación, certificación e desenvolvemento do talento.
- 400 persoas usuarias dos talleres como vídeo-currículo profesional, fotografía profesional, redeseño do CV e LinkedIn e orientación laboral.
- 370 persoas que asistiron a sesións de mentoring persoal para recibir resposta a dúbidas dos seus sectores profesionais.