A nova edición desta feira virtual de emprego será especial Covid-19, buscando superar a incerteza.
A finais de novembro celebrarase unha nova edición de Talentia Summit. Nesta ocasión, cun formato online adaptándose ás restriccións de aforos provocadas pola crise sanitaria. Tamén se convocarán sesións híbridas emitidas por streaming para as poucas actividades que requiran asistencia en persoa. Haberá máis de 100 empresas destacadas, ofertas de emprego para todo o estado e máis 1000 de prazas de formación.
Os obxectivos de Talentia Summit: feira virtual de emprego a nivel nacional
A nova edición de Talentia Summit ten como obxectivo propoñer unha alternativa sólida para a reconstrución económica baseándose nos alicerces da innovación e o talento. Por suposto, tamén xerar oportunidades de conectar o talento humano coas organizacións que sexan potenciais empregadoras. Ademáis tamén ofrecerá formación continua de calidade dun xeito gratuíto para a mellora da empregabilidade das persoas.
A chave deste encontro será potenciar o talento, dando visibilidade ás organizacións e empresas máis comprometidas co desenvolvemento, a promoción e a retención do talento. Doutra banda, os participantes poderán presentarse ante os responsables de recrutamento de empresas e/ou acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas. De forma presencial ou virtual, asistir a conferencias, obradoiros ou webinars e outras moitas actividades para a mellora das súas competencias profesionais.
Unha edición de Talentia Summit tan necesaria como agardada
O evento promovido dende o Concello de Santiago consolidouse como un referente a nivel estatal respecto á xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego. Talentia reunirá de novo a importantes autoridades institucionais, ás empresas máis relevantes, a conferenciantes de renome, e o máis importante, a milleiros de persoas motivadas e comprometidas na procura de novas oportunidades para impulsar o seu perfil profesional.
A feira de emprego Talentia Summit ‘20 chega cando é máis imprescindible que nunca. O actual mercado laboral está nunha situación convulsa e de excesiva incerteza, que fan que teña aínda máis sentido un evento destas características.
Ábrese unha nova era a consecuencia dunha pandemia global que continúa impactando ás persoas e alterando profundamente todas as economías do mundo.
Talentia Summit propón enfrontar a complexidade dun modo distinto: o talento humano e o desenvolvemento das innovacións tecnolóxicas como o principal activo a ter en conta para a reconstrución económica e social. Unha nova normalidade en constante evolución que require afouteza, precaución e axilidade.
A medida que os gobernos toman decisións como resposta á crise, as organizacións deben adaptarse ás cambiantes necesidades dos seus empregados/as, clientes/as e provedores/as, á vez que fan fronte a diferentes retos financeiros e operativos a medio e longo prazo.
Moi pronto novos cursos de formación, ofertas de emprego en esta feira virtual
Durante as próximas semanas daranse a coñecer moitos máis detalles e publicarase a oferta de actividades dispoñibles. A principios de novembro abrirase o prazo para reserva de prazas a través da web www.talentiasummit.com. Nesta edición agárdase superar amplamente as 5.000 persoas participantes da anterior edición, polo que avisan de que as prazas se completarán axiña.