Éxito de #1foto1arbore! ???? Mood bosque ON!

Compartir

Non se pode subestimar a importancia dos bosques. A súa presenza é parte da nosa vida cotidiana, aínda que non nos decatemos. Dende o aire que respiramos ata a madeira que empregamos na construcción das nosas vivendas. Os bosques tamén ofrecen protección das cuncas hidrográficas, evitan a erosión do solo e mitigan o cambio climático.

Sabías que…

  • Pasar tempo ao aire libre mellora a saúde mental e beneficia á saúde física?
  • Os bosques proporcionan osíxeno aos nosos pulmóns?
  • Os bosques purifican e proporcionan auga limpa ás nosas comunidades?
  • As árbores axudan a reducir os efectos do cambio climático?

Non obstante, a pesar da nosa dependencia dos bosques, aínda estamos permitindo que desaparezan. Por esa mesma razón, a campaña Cambia o mood, activa o modo bosque pretende cambiar as tornas.

Que se acadou xa?

A campaña #1foto1arbore está a ser un éxito rotundo nas redes sociais.

Instagram

  • Máis de 1200 fotos no feed con #1foto1arbore públicas + máis de 100 recibidas de contas privadas que non se poden contabilizar.
  • Máis de 300 stories de instagram que desaparecen ás 24 horas.

Twitter

  • Máis de 500 tweets con #1foto1arbore.

Facebook

  • Máis de 100 mencións directas.

???? Total: Máis de 2000 árbores listas para ser plantadas

cambia mood

Pero lembra que a campaña de plantación de árbores seguirá activa ata o 21 de marzo, Día Internacional dos Bosques. Para participar só tes que facer o seguinte:

  1. Sube unha foto nas túas redes sociais nun entorno de natureza. Ou ben, tira unha foto diante do photocall situado na Alameda.
  2. Utiliza o hashtag #1foto1arbore.
  3. Etiqueta a @TalentiaSummit.

Podes atoparnos en FacebookInstagramTwitter e TikTok. Tamén serven as stories!

E ademais…

Non esquezas dar unha volta polas rúas do Ensanche. Montero Ríos ou Doutor Teixeiro son só algunhas das rúas que teñen as súas árbores decoradas coas mellores fotos que están a participar na campaña. Non as perdas de vista!

Cambia o mood, activa o modo bosque