Talentia Summit ’23 comeza este venres co foro inaugural, para situar a Santiago como a capital do talento

Compartir

O Talentia Summit 2023 está de volta co seu Foro inaugural que pon o foco na innovación tecnolóxica e a intelixencia artificial, nos novos modelos para o desenvolvemento do talento local, e na igualdade e as políticas de conciliación. Será este venres 10 de novembro, ás 10:00 h, no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago.

A Feira virtual de Talentia Summit xa está completamente aberta ao público desde o pasado venres 3 de novembro e aceptando reservas na súa ampla oferta de actividades dispoñibles durante a vindeira semana. Conta xa con máis de 25.000 participantes virtuais e miles de reservas.


O Foro terá lugar o próximo venres 10 de novembro en xornada de mañá, desde as 10:00 h ata as 13:45 h no Auditorio do CGAC. As entradas xa están esgotadas debido á elevada demanda de asistencia.

O obxectivo principal do Foro será o de dar unha resposta reflexionada e sólida, a través dun grande panel de poñentes, a unha pregunta que resoa con forza estes días e que leva por lema esta edición 2023, “Coñeces o traballo do futuro?”.

No Foro seremos testemuñas de como a tecnoloxía e a innovación, especialmente a intelixencia artificial, están remodelando o escenario laboral que coñecemos. Veremos como emerxen novos modelos para o desenvolvemento do talento local e a importancia das políticas de conciliación na empresa.

Detalles do Foro inaugural

Estará presentado por Ainhoa Apestegui, contará coa participación de expertos e expertas de diferentes eidos profesionais, vinculados ás temáticas clave desta edición. Ademais, tamén contará coa participación musical de Eladio y Los Seres Queridos, unha banda de indie pop, que engadirá a nota de talento máis artístico.

Conferenciantes destacados da edición 2023 coas súas intervencións:

  • SUSANA PASCUAL – CEO en PixelsHub. Promotora tecnolóxica, enxeñeira e divulgadora científica experta en disciplinas STEAM.
    • “Construíndo o teu futuro; falemos de liderado, STEAM e vocacións”
  • TINO FERNÁNDEZ – Presidente executivo do Grupo Altia e Vicepresidente do Clúster TIC de Galicia.
    • “Impacto, talento e transformación. O traballo do futuro.”
  • SANTIAGO DOMÍNGUEZ – CEO e Co founder de Mestrelab Research Presidente Bruker Integrated Data Solutions/SciY.
    • “Transformando unha economía rexional a través do emprendemento, a innovación, a dixitalización e as ciencias da vida. Con persoas, por persoas e PARA persoas”
  • CARMEN CASTRO – Economista e activista feminista, experta en modelos de benestar e políticas de igualdade. CEO de LiKaDI. Creadora de SinGENEROdeDUDAS.
    • “Podemos alcanzar unha verdadeira conciliación laboral?”
  • IGNACIO RAMOS – Director Corporativo de People Strategy and Infrastructures de GMV. Grupo tecnolóxico internacional, con máis de 3000 profesionais.
    • “O futuro: IA xenerativa, non destrutiva”
  • ALEX RAYÓN – Fundador e CEO de brainandcode.tech, ex vicerreitor de Relacións Internacionais e Transformación Dixital da Universidade de Deusto.
    • “IA Xenerativa, un mundo de oportunidades laborais”
  • ANNA CABÓ – Fundadora de LaGroc, unha consultoría que traballa na elaboración de plans de igualdade, protocolos contra o acoso e a xestión cultural.
    • “Políticas de conciliación e retención do talento”
  • ISABEL PERNAS – Vicepresidenta de Creativas Galegas, unha marca paraugas que reúne e impulsa a máis de 340 pequenas marcas do eido cultural e creativo galego.
    • “O impacto do talento creativo na economía circular”
  • GUILLEM GARCIA BRUSTENGA – ​​Experto en transformación dixital da educación, xestión da innovación docente e análise de tendencias no eLearning Innovation Center da UOC
    • “Máis aló da dixitalización: Educación e emprego na era da IA”

talentia summit 2023 concept20

Gran impacto da Feira de emprego e talento

Talentia Summit conta xa con 25.000 usarios/as únicos activos na web da feira virtual da edición 2023, que poden acceder a un catálogo de actividades gratuítas e que lles permiten conectar de forma áxil e sinxela cunha grande rede de empresas e organizacións que están á procura de talento. Ademais dunha ampla oferta formativa, de certificacións oficiais e mentorías de desenvolvemento profesional.

Agás os cursos 100% online para facer por libre, que xa esgotaron as máis de mil prazas dispoñibles, a maioría do resto de actividades continúan dispoñibles e aceptando reservas. Linkedin Learning, cursos presenciais, cursos en aula virtual con titor/a en directo, certificacións oficiais, mentorías profesionais, orientación laboral, obradoiros de emprego con empresas, etc.

Que atoparás na feira de Talentia Summit 2023?

Datos ata ás 21:30 pm do 7/11/23

  • 25.796 usuarios activos na feira virtual Talentia Summit ‘23.
  • 2.009 prazas xa reservadas na ampla oferta formativa
  • 775 currículos intermediados para as 175 ofertas de emprego con máis de 500 vacantes.
  • 398 citas reservadas para citas con empresas e mentorías profesionais