Talentia Summit 2021 serán dúas semanas de feira virtual de emprego e talento
Talentia Summit 2021 celébrase desde o 15 ata o 26 de novembro en formato híbrido: tanto presencial como online.
Imaxe de Talentia Summit 2021: A maior feira do talento e emprego
Continuamos reinventando a nosa proposta en Talentia Summit 2021!
Este ano amplíase a celebración desta feira virtual de talento e emprego a un total de dúas semanas. O evento transcorrerá de forma virtual na web www.talentiasummit.com. O evento transcorre desde o luns 15 ata o venres 26 de novembro ambos inclusive. A Feira do Talento volverá ser 100% virtual para as ofertas de emprego. Tamén haberá cursos de formación, webinars, workshops, casetas virtuais de empresas, sesións de mentoring e certificados oficiais.
Impulsando o talento, innovando en sustentabilidade na feira virtual de emprego e talento
Baixo a lema “Impulsando o talento, innovando na sustentabilidade”, esta edición aspira a reunir a novos usuarios interesados en descubrir o seu talento e desenvolver e mellorar o seu perfil profesional.
Este evento, organizado polo Concello de Santiago de Compostela recibiu preto de 50.000 visitas de usuarios únicos no portal web durante o pasado mes de novembro de 2020. Á súa vez, o Foro Talentia 2020 foi visto vía streaming por máis de 4.000 espectadores.
Volta á normalidade cumprindo as restricións e recomendacións sanitarias no Foro Talentia 2021
Tralas edicións de 2019 e 2020, o Foro Talentia 2021 celebrarase o 18 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Proximamente, a Organización exporá as formas de poder acudir presencialmente ao evento, que tamén se poderá seguir por streaming. En pasadas edicións, este Foro de Ponencias Estratéxicas contou con referentes de captación de talento como Paul Tran – Director de persoas e tecnoloxía de Hijos de Rivera-, Miguel Anxo Ruiz – Innovation Senior Manager de Samsung España-, Sonia Mulero – Directora da Fundación Banc Sabadell-, María José Alonso – Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago e adscrita ao CiMUS- e Joaquín “Kin” Martínez – Fundador de Esmerarte Industrias Creativas e director do festival “O Son do Camiño”, entre outros.
Presta atención: en breve toda a información na web de Talentia Summit
Nas próximas semanas, anunciaranse os relatores que participarán nesta nova edición. Tamén outros detalles e novidades da feira de emprego, así como a apertura de inscrición para os diferentes cursos e actividades dispoñibles.Todas as novidades e apertura de reservas de Talentia Summit 21 serán a través da web www.talentiasummit.com.